Aberto o prazo de inscricións para o Curso de Comunicación Efectiva
· Nas instalacións de Érguete Baixo Miño
Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda
A Asociación Érguete Baixo Miño convoca un curso sobre “Comunicación Éfectiva: técnicas para falar en público” dirixido á mocidade de 18 a 35 anos. Este curso pretende dotar dunha serie de ferramentas ás persoas que queren mellorar a súa capacidade de comunicación, ou ben perder o medo a falar en público.
En moitas ocasións as persoas senten pánico á hora de falar en público ou vense cohibidas á hora de manifestar a súa opinión dentro dun grupo, ben sexa no ámbito escolar, laboral ou persoal. Neste curso daranse unha serie de recomendacións e ferramentas que axudarán a persoa a comunicarse dun xeito efectivo controlando o estado de ansiedade ou estrés que poden producir estas situacións.
Esta formación impartirase os xoves 20 e 27 de setembro e o 4 e 11 de outubro, en horario de 16:30 a 20:30 h. no local social da Asociación.
Este Curso, xunto con outras iniciativas, englóbase dentro do Programa E ti que prefires? Xuventude que emprende ou Xuventude que participa que a Asociación Érguete Baixo Miño leva a cabo este 2018 coa colaboración da Concellería de Política Social – Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado-.
As inscricións pódense facer de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño r/Colón, nº 20 (Edificio O Pescador 1º andar) CP36780 A Guarda, chamando por teléfono ao 986 61 44 07 / 640 086 376 ou ben deixando os datos no email info@erguete.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario