Aviso de corte no subministro de auga
· Este venres día 21 de setembro, dende primeira hora da mañá
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal do Concello da Guarda informa a cidadanía dun corte de auga programado para a mañá deste venres, día 21 de setembro, por mor da instalación e conexión das novas tubaxes do abastecemento de auga nas obras da Rúa Concepción Arenal.
Vista parcial das obras que están desenvolvéndose na rúa Concepción Arenal
Foto: C. A.G.
Está previsto que os operarios realicen este corte no abastecemento de auga dende primeira hora da mañá e a previsión e que, o subministro de auga, sexa restablecido ao longo da mesma mañá.
O corte de auga afectará ás vivendas e locais das rúas Domínguez Fontela, Concepción Arenal e o primeiro tramo da rúa Malteses.
Dende o Concello da Guarda agradécese a comprensión dos veciños, pedindo de antemán desculpas polas molestias que se podan xerar.
O subministro será establecido á maior brevidade posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario