20 de set. de 2018

A GUARDA

PENSAMOS NOS PEREGRINOS QUE NOS VISITAN, OU TANTO NOS TEN?


Na intersección das rúas Galicia e Concepción Arenal, e debido ás obras que están desenvolvéndose, bótase en falla á necesaria sinalización para os peregrinos que fan a ruta xacobea do Camiño Portugués pola Costa
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Na intersección das rúas Galicia e Concepción Arenal, e debido ás obras que están desenvolvéndose na zoa, bótase en falla á necesaria sinalización para os peregrinos que fan a ruta xacobea do Camiño Portugués pola Costa. Alguén poderá decir que a sinalización existe. É certo, existe, pero desde que o día 10 de setembro comezaron ás obras na rúa Concepción Arenal, esa sinalización non está visible para ás persoas que están facendo a devandita ruta xacobea. 

 Logo de ollar pola zoa indicada, en distintos intres, a algúns concelleiros do grupo de goberno e algúns funcionarios do Concello de A Guarda, pensamos que terían en conta que sería necesario colocar unha sinal que facilitase a dirección os moitos peregrinos que están chegando cada día o noso municipio. Como queira que desde o comezo das obras transcorreron 10 días e a sinalización que consideramos necesaria no lugar indicado, non se albisca por ningures, suxerimos que se den as instruccións necesarias - que tampouco son tantas - para que un operario coloque nun lugar visible, a correspondente sinal, que como todo o mundo sabe consiste básicamente nunha frecha de cor amarela. Dese xeito, tan sinxelo, se lles facilita o tránsito os centos de peregrinos que están chegando, e que en boa hora xa forman parte da nosa paisaxe urbana, e se evita que nesa intersección teñan dúbidas sobor de cal é a dirección correcta.

 Tamén temos notado desde fai meses como algúns peregrinos chegan a nosa vila - algún incluso pola Senda Litoral - e preguntan por determinados establecementos hostaleiros e tamén polo albergue de peregrinos. Por esa razón, coidamos que non estaría de máis instalar a correspondente sinalización que facilite esa información de interese xeral para tódolos visitantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario