A XUNTA DE GALICIA ASINA CONVENIOS CON VARIOS
CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA REPARAR OS DANOS DA VAGA DE LUMES DE
OUTUBRO
· A directora xeral de Administración
Local, Marta Fernández-Tapias, firmou hoxe en Pontevedra e Vigo estes acordos
· Trátase dunha das liñas de axuda que
se incluía na orde conxunta que habilitou o Goberno galego para facer fronte
aos danos producidos polos incendios
· A Administración autonómica destinou en total 23 millóns de euros
a paliar as consecuencias dos lumes de outubro: 13,2 millóns de euros mediante
a orde conxunta de axudas e 9,8 millóns en actuacións directas
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o delegado territorial da Xunta de Galicia, en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, con representantes de concellos que asinaron o convenio
Infogauda / Vigo / Pontevedra
A directora xeral de Administración
Local, Marta Fernández-Tapias, trasladouse hoxe a Vigo e Pontevedra para asinar
os convenios de colaboración con varios concellos da provincia, polos que a
Xunta financiará ata o 50% da reparación dos danos que se ocasionaron nas
infraestruturas municipais durante a vaga de lumes do pasado mes de outubro.
En toda Galicia, o número de concellos beneficiados por esta iniciativa
ascende a 40. No caso da provincia da Pontevedra, son 15: Cerdedo-Cotobade, A
Guarda, Mondariz Balneario, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra
de Miño, A Cañiza, As Neves, Ponte Caldelas, Baiona, Mos, Pazos de Borbén, Soutomaior
e Vigo. Inda que os concellos de Vigo e Ponteareas non asinaron hoxe o
convenio.
O importe de cada convenio foi calculado en función da información
facilitada polos propios concellos, e a comprobación técnica in situ para
determinar se eran ou non gastos subvencionables.
Esta era unha das liñas de axudas incluídas na orde conxunta que
habilitou o Goberno galego para facer fronte aos danos producidos polos
incendios, cuxo orzamento ascendeu a 13,2 millóns de euros. A este orzamento
hai que sumar os 9,8 millóns de euros investidos pola Xunta en actuacións
directas en distintos ámbitos: nos montes e estradas afectadas, ou nos parques
naturais.
Esta convocatoria conxunta do Goberno galego habilitou axudas para
poder paliar os danos causados pola vaga de lumes nun amplo abano de supostos,
como a de afectación a bens de titularidade municipal; pero tamén a vivendas,
negocios e, por suposto, por danos persoais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario