23 de abr. de 2018

DEPORTES

PIRAGÜISMO

2ª COMPETICIÓN DA LIGA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM  

Os Teixugos remataron a xornada con oito podios  

O Club Deportivo Miño acudiu ao evento con nove piragüistas, a maioría dos cales tiveron dobre participación ao baixar en kaiak e canoa

Informa (Redacción e fotografías): Rosa Fernández Carrera / Salvaterra de Miño

 Este domingo 22 de abril, celebrouse nas augas do río Tea, no lugar de Cordeiro en Salvaterra a segunda competición da liga galega de Promoción de Slálom coa participación dos máis pequenos dos clubs galegos. Algo máis de medio cento de pequenos padexeiros acudiron a cita. O Club Deportivo Miño acudiu ao evento con nove piragüistas, a maioría dos cales tiveron dobre participación ao baixar en kaiak e canoa. Os Teixugos remataron a xornada con oito podios.  

Sergio Rodriguez, gañou e K1 Home Infantil e Alexis Segadaes, logrou a terceira praza

 En K1 Home Infantil Sergio Rodriguez foi o gañador da proba, Alexis Segadaes subiu tamén ao podio co seu terceiro lugar, Samuel Castro rematou quinto e Mateo Rivas undécimo.  

Samuel Castro gañou en C1 Infantil e Sergio foi segundo

 En C1 Infantil o gañador foi Samuel Castro e o seu compañeiro Sergio foi segundo.  

 Na categoría Alevín masculino Adrián LLuch rematou sexto en kaiak e oitavo en canoa.  

 Os nosos representantes máis novos, Sergio Álvarez e Javier LLuch, remataron cuarto e quinto, respectivamente, na categoría benxamín masculina. 

En K1 Ainhoa Barreiro foi a gañadora e Alba Soutelo segunda, e en C1 a gañadora foi Alba, seguida por Ainhoa 

 En categoría feminina Os Teixugos só contaron con participación na categoría Infantil, copando as dúas deportistas os podios de kaiak e canoa. En K1 Ainhoa Barreiro foi a gañadora e Alba Soutelo segunda, e en C1 a gañadora foi Alba, seguida por Ainhoa. 

                  Podio final por clubs, no que o Deportivo Miño volveu gañar cun total de 196 puntos

 No resultado final por clubs o Deportivo Miño volveu gañar cun total de 196 puntos, compartindo podio co Penedo Importa de Caldelas con 149, e o Montaña Quixos de Monforte con 120.  

 A vindeira cita dos Teixugos co slálom será esta semana na Seu D´Urgell, onde Luís Fernández e Brais Castro en canoa e Manuel Ochoa en kaiak , intentarán superar os selectivos para formar parte do equipo español de slálom sénior e Sub-23.

Ningún comentario:

Publicar un comentario