23 de abr. de 2018

PESCA

O BNG PROPÓN SUBVENCIONAR O PERÍODO DE VEDA DE POLBO PARA EVITAR SOBRECARGAS OUTRAS PESQUERÍAS 

Representa arredor do 35% do total da actividade pesqueira na pesca artesanal e aglutina a 4.000 profesionais e 60 confrarías  

Mª Montserrat Prado Cores
Portavoz parlamentaria do BNG na Comisión de Pesca

Infogauda / Santiago de Compostela

 O BNG propón a través dunha iniciativa no Parlamento subvencionar o período de veda de polvo, que arranca  o vindeiro 18 de maio, para evitar a sobrecarga doutros recursos pesqueiros e marisqueiros e, ao mesmo tempo, poder garantir os ingresos aos tripulantes que teñen na captura do cefalópodo unha parte moi significativa dos seus ingresos.  

 De feito, a captura do polbo representa arredor do 35% do total da actividade pesqueira na pesca artesanal, un sector que aglutina a uns 4.000 profesionais distribuídos nunhas 60 confrarías. “É un recurso de grande importancia para a flota de baixura xa que son moitas as embarcacións e os mariñeiros que dependen desta especie para garantir ingresos positivos na súa pesquería”, alegou a portavoz parlamentaria de Pesca autora de iniciativa, Montse Prado. 

 Prado advirte tamén que hai unha importante caída das capturas “e polo tanto das rendas dos mariñeiros que teñen esta especie como fonte de ingresos, nun ano con moitos temporais que se traduciron na perda de moitas xornadas de traballo”. Por iso, ademais de reclamar axudas durante o período de veda, a proposta parlamentaria tamén inclúe a adopción de medidas por parte da Xunta para mellorar a situación do stock de polvo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario