A "PRAGA DE INSECTOS" QUE AFECTA A VECIÑANZA DE DÚAS ZONAS DO CONCELLO SERÁ TRATADA NO PARLAMENTO DE GALICIA
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presentou unha pregunta ao respecto
Trátase dun asunto que preocupa á veciñanza, ao PSdeG-PSOE Tomiño e a voceira Violeta De Santiago Moure
Infogauda / Tomiño
Atendendo as queixas da veciñanza das zonas afectadas pola praga de insectos no termo municipal de Tomiño, pola preocupación que ten xerado na poboación, feito que preocupa á voceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Tomiño, Violeta De Santiago Moure; o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, vén de presentar á seguinte iniciativa:
Á Mesa do Parlamento Martín Seco García, María Leticia Gallego Sanromán e Carmen Rodríguez Dacosta, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 7ª.
A situación que está vivir a poboación de Tomiño pola praga de insectos chegou ata o punto de que no mes de xullo do ano pasado, os insecticidas esgotáronse en todos os supermercados da comarca. Moitos veciños víronse obrigados a fumigar os exteriores das súas vivendas, pero os máis prexudicados foron os locais de hostalería do municipio, moi concretamente os das parroquias de Figueiró e Carregal, con algunhas casas de turismo rural viron reducidas as súas estancias por este motivo
Este ano a cousa non semella que mellore, xa que a existencia destes insectos, posibles transmisores de enfermidades xa comezaron a deixarse notar, desprázanse nun considerable número por todo o seu territorio, o que produce unha gran preocupación entre a cidadanía, sen que o Goberno local do concello tome medidas para solucionar o problema.
O Baixo Miño é un territorio privilexiado no plano agrícola, cun gran prestixio vinícola. Tamén, con diferenza, a primeira comarca produtora de kiwis en España, con viveiros de plantas ornamentais que venden ao resto do país e no mercado europeo.
Dende hai un tempo, unha sociedade denominada “Cultivos Miñotos” está a introducir a produción de aguacate, que promete ser moi rendible ao existir gran demanda. O nome fiscal da empresa é Vivaz Plant SAT (Sociedade Agraria de Transformación) e foi creada en Goián no ano 2015. A actividade da empresa está definida como “cultivo de froitos de óso e pebidas”, polo que tamén explota extensas plantacións de mazás ecolóxicas que en boa parte son vendidas a unha reputada marca de bebidas para a produción de sidra, á vez que elaboran un zume coa etiqueta “Zumiño”. Agora tamén explotan o aguacate, un arbusto de orixe suramericana que ten un crecemento lento e que para adaptarse ás condicións e especiais características das terras do Baixo Miño precisa de moito alimento.
E é aquí, no uso de fertilizantes, onde pode radicar o problema, os produtores atoparon unha solución de abastecemento próxima e rendible, cunha empresa radicada en Porriño que fabrica produtos derivados de algas mariñas radicada en Porriño que fabrica produtos derivados de algas mariñas –– hidrocoloides, complementos para cosmética, alimentación, etcétera –– e que tiña dificultades para desprenderse dos seus excedentes en fodificultades para desprenderse dos seus excedentes en forma de residuos e deuse a coincidencia de que os propietarios de Cultivos Miñotos necesitan abonos potentes.
Estes fertilizantes residuais que non causan malos cheiros, pero que ao colocar os refugallos en grandes montónss, estendelos sobre a terra e cubrilos posteriormente con grandes lonas, neste proceso alcanzan altas temperaturas de fermentación que facilitan a excesiva multiplicación e proliferación de insectos, cuxas larvas que facilitan a excesiva multiplicación e proliferación de insectos, cuxas larvas probablemente xa veñan incorporadas nos mesmos desperdicios dos organismos de procedencia mariña.
Evidentemente, sería gran cousa que Tomiño se convertese nun importante importante municipio colleiteiro de aguacate para poder así competir coa comarca de Almuñécar, na costa de Granada, de onde sae o groso da produción española e europea, pero isto non debe ser á conta da salubridade dos habitantes da comarca, dado que as pragas de moscas son unha posible fonte de infeccións e transmisoras de diversas enfermidades e tampouco pode ser á conta da hostalería e da industria turística da zona, que no caso de que neste verán volvan vivir as mesmas situacións do pasado ano estes negocios terán que asumir de novo grandes prexuízos. Se estes fertilizantes de baixo custe procedentes dos desperdicios do tratamento de algas fosen os causantes do dito problema débese actuar sen demora.
Por todo o exposto, o deputado e as deputadas que asinan, formulan as seguintes preguntas:
1ª) É coñecedor o Goberno galego dos problemas da aparición desta praga de insectos en Tomiño?
2ª) Que pensa realizar o Goberno galego para salvagardar a salubridade dos cidadáns de Tomiño e da actividade hostaleira e turística do municipio?
Pazo do Parlamento, 4 de abril de 2022
Asinado dixitalmente por:
Martín Seco García na data 05/04/2022 13:44:45
María Leticia Gallego Sanromán na data 05/04/2022 13:46:44
María del Carmen Rodríguez Dacosta na data 05/04/2022 13:47:00
Ningún comentario:
Publicar un comentario