22 de abr. de 2018

CAMPOSANCOS

A XUNTA REITORA DA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS PROPONSE ARRANXAR Á CASA FORESTAL


A Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos propónse arranxar a Casa Forestal do Monte Santa Trega
Foto: Infogauda

Infogauda / Camposancos

 Acta da sesión Ordinaria da Xunta reitora da Comunidade de Montes de Camposancos, que se reúne na Sala de Xuntas, o día 11 de abril de 2018, ás 18:30 horas para tratalo seguinte orde do día: 

ORDE DO DÍA: 

 Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Información de diferentes temas relacionados co Monte. Programación das actividades culturais. 

 Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Aprobada. 

 Información de diferentes temas relacionados co Monte. 

 José Fernando informa que xa presentamos a documentación en AGADER para as subvencions do Arboreto e arranxo da Casa Forestal, así como as axudas que solicitamos á Diputación para deforestar e plantar na zona de Chans. 

 Peticions tamén a ENCE, para deforestar por debaixo do Hotel Pazo porque está cheo de maleza e resulta moi perigoso por posibles incendios. 

 Gloria pregunta si sería posible habilitar a zona de baños e ducha no campo de Chans, porque hai varias peticións sobre a posibilidade de acampar nesa zona cun grupo de alumnos. 

 Horta Castrexa: Os obreiros limparon a horta e as mulleres da Xunta reitora, quedamos para prantar e poñela en funcionamento. Mingos informa que xa temos auga na zona de Chans polo que facilitaría o rego. 

 Quedamos de avisar aos colexios de A Guarda, que faremos a entrega dunha árbore como agasallo por colaborar con nós na prantación do Monte Trega. A entrega farase o martes 17, entre 10 e 12 da mañá. 

 Desprendeuse unha pedra na zona cercana as casetas do Monte. Quedamos de avisar ao Padroado para que se tomen as medidas necesarias. 

 José Fernando informa que os obreiros xa teñen o noventa por cento dos camiños limpos. 

 José Fernándo propón como novo membro da Xunta a Eduardo Alonso Rodríguez.

 Aceptamos por unanimidade. 

 Programación das actividades culturais.

 Organizamos a actividade do día 14 de abril (documental: Memorial de Camposancos),reparto de carteis, decoración de salón, regalo dun libro para Pepe Ballesta,... 

 Falamos do Día das Letras Galegas. Este ano o dedicaremos a D. Nicolás Gutiérrez Campo. 

 Sen máis asuntos que tratar levántase a sesión, ás 19:30 horas do 11 de abril de 2018, da cal, eu como secretaria, dou fe. 

 Asdo: Mª Lucía Martínez Diz 

Ningún comentario:

Publicar un comentario