28 de abr. de 2018

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS RENUNCIA A PARTICIPAR NA ORGANIZACIÓN DA IIIª FESTA CASTREXA

A vista do comunicado feito público polo presidente da Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Camposancos, esta imaxe que corresponde a IIª Festa Castrexa, na que participaron ás tres Comunidades de Montes Veciñais (A Guarda, Camposancos e Salcidos), non voltará a producirse este ano
Foto: Laxe Grande

Infogauda / Camposancos

 O presidente da Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos, José Fernando Martínez Martínez ven de facer público o seguinte comunicado:

COMUNICADO DE CONFIRMACIÓN DE RENUNCIA A SEGUIR FORMANDO PARTE DA ASOCIACIÓN DAS TRES PARROQUIAS 

 O  día 24 de abril de 2018 sendo as 20:00 horas no local social da C.MM.VV.M.C. de A Guarda reúnense parte do comité organizador da Festa Castrexa:

 D. José Manuel Castro Vicente
 D. Eloi Gómez Mariño 
 D.  Domingos Portela Lorenzo  
 D.  Celso R. Fariñas e 
 D. José Fernando Martínez Martínez

Temas a tratar: 

 De seguido José Fernando lles fai saber a decisión tomada por a Xunta reitora da C.MM.VV.M.C. de Camposancos de renunciar a seguir formando parte da organización da Festa Castrexa porque en determinadas decisións tomadas non fomos consultados nin participamos, desligándonos de todo tipo de actos e contratos que ese comité organice ou asine. Tamén di que asumen a parte proporcional da débeda que poida arrastrar a Festa ao que os demais compoñentes renuncian. O que sí piden é que fagamos a renuncia por escrito, esta renuncia para non obstaculizar o bó funcionamento xa foi presentada e agora confirmamos. 

 Estado de contas  
 Domingos Portela, Tesoureiro detalla o estado de contas polo miudo que da un saldo negativo de algo mais de 300 € e se aproba por unanimidade. 

 A petición do comité organizador a representanción da C.MM.VV.M.C. de Camposancos: Autoriza que se poida seguir usando Chans para celebrar o programa festivo "Festa Castrexa" do 24 de Xuño de 2018. Única condición é que o comité organizador da Festa Castrexa asuma a Responsabilidade Civil de cualquier problema que poida ocurrir durante o evento. 

 Damos as gracias polo trato e colaboración recibidos nas dúas edicións en que fomos compañeiros de festexos así como ofrecemos o noso apoio. 

 En Camposancos a 26 de abril de 2018 

José Fernando Martínez Martínez

Ningún comentario:

Publicar un comentario