29 de abr. de 2018

A GUARDA

RECANTO DA ARTE


"PEQUENOS GRANDES PINTORES DA VILA": UNHA BOA MOSTRA DA CREATIVIDADE DOS MÁIS NOVOS

A exposición pode visitarse no Centro Cultural ata ó 14 de maio


Tareixa Martínez e súa parella, con Mónica e Ana, e súas respectivas mamás 
Foto: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O territorio correspondente o termo municipal de A Guarda sempre foi, desde tempos moi antigos, un lugar escollido por moitos creadores (escritores, fotógrafos, tallistas, pintores, poetas,...). Con toda probabilidade, a singular configuración deste pobo, exerce unha especial atracción para moitas persoas, de tal xeito que unha vez o coñecen, quedan vencellados a el para sempre. 

 A Guarda é, con certeza, un pobo no que a arte está en todos e cada un de nós. Hai quen a cultiva e hai quen non. Hai quen a aprecia e hai quen tanto lle ten. O que sí é certo, e que é que á resposta a calquer iniciativa cultural sempre ten moi boa acollida. Dese xeito, non é de estranar que Tareixa Martínez, natural de Ribadavia, formada como pintora e retratista na Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense haxa decidido vivir entre nós.


Tareixa Martínez - no centro da imaxe - conversando con Manuel Álvarez, traballador eventual do Concello de A Guarda

 Tareixa, conta con unha ampla traxectoria artística. Expuxo en galerías de Barcelona, A Coruña,..., e creou a Asociación de Traballos Creativos do Ribeiro, onde impartiu clases de pintura.

 Namorada da Guarda, en 2011 abriu un obradoiro de pintura na rúa Agustin Nandin Lomba e posteriormente na Longra (Salcidos), traballando en retratos, caricaturas,..., e impartindo clases de pintura. Seus alumnos, todos de A Guarda, Oia,..., lle sorprendían a cotío coa súa creatividade e talento artístico. Deste xeito, logo de varios anos de aprendizaxe xurdiu á exposición "Pequenos grandes pintores da vila", que ata ó 14 de maio, pode visitarse no Centro Cultural. 

 Ainda que a mostra colectiva "Pequenos grandes pintores da vila" botou a andar o venres día 27 deste mes de abril, sería este sábado día 28 cando foi inaugurada. No sinxelo acto participaron algúns dos pequenos grandes pintores da vila, xunto coas súas nais, pais e familiares, e contou coa asistencia da profesora Tareixa Martínez.

 Non houbo intervencións nin protocolos, e coidamos que tampouco eran necesarios, porque estábamos en familia. E sobor de todo, porque as obras dos pequenos grandes pintores da vila, falan por sí mesmas.


Vista parcial da exposición

 Na exposición hai variedade técnica (acrílicos, acuarelas, lápiz carbón, óleos, sanguina,...) e temática (bodegóns, figuras, flores, paisaxes, retratos,...). Iso acredita que as/os pequenas/os teñen á formación necesaria e a suficiente confianza en sí mesmos, como para afrontar airosamente, os retos que súa profesora lles  viu plantexando.

 Os resultados, a vista de todos están. Tan soio é necesario achegarse a sala de exposicións do Centro Cultural, e disfrutar coas obras dos pequenos grandes artistas da vila.

 Horarios de visita:
 · De luns a venres, de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h.
 · Sábados: De 10:00 a 13:00 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario