BUXÁN CELEBRA AS FESTAS DE PASCUA
Baixo o lema "A tradición continúa" terán seu apoxeo entre os días 30 de marzo e o 1 de abril
Baixo o lema "A tradición continúa" terán seu apoxeo entre os días 30 de marzo e o 1 de abril
Infogauda / Buxán
Baixo o lema "A Tradición continúa", e coa celebración do XI Serán, que tivo lugar onte a noite na Praza de Buxán, deron comezo as tradicionais Festas de Pascua, que terán seu apoxeo entre os días 30 de marzo e o 1 de abril coa seguinte programación deportiva, gastronómica, lúdico e festiva:
· Venres 30 de marzo: Ás 18:00 h., no Estadio Municipal da Sangriña, gran partido de fútbol Solteiros Vs Casados.
· Sábado 31 de marzo: Desde ás 16:00 h., tradicionais xogos populares: Lanzamento de aixada, as mazás, a rá, carreira de culler e ovo.
Dende ás 23:00 h., verbena coa orquestra América e o grupo Magical.
· Domingo 1 de abril: Dende ás primeiras horas da mañá, pasarrúas con Airiños do Folón.
A partir das 11:00 h., XXª Gran Zorzada.
Ás 15:30 h. Concurso do Pau enceirado co xamón arriba.
Ás 16:00 h. Concurso e degustación da XXIª Festa do Biscoito.
Ás 19:30 h. Atardecer folk co Coro Fuscalheiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario