12/03/2018

A GUARDA

ANA PONTÓN: “RAJOY MALTRATA ÁS PERSOAS PENSIONISTAS CUNHA SUBIDA DO 0.25” 

A PORTAVOZ NACIONAL DO BNG ESIXE  UN INCREMENTO QUE GARANTA O PODER ADQUISITIVO  

Critica que o PP traballe para beneficiar fondos privados e reclama pensións dignas
  
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón esta mañá, na súa visita á vila de A Guarda, acompañada pola portavoz de pesca e deputada por Pontevedra, Montse Prado Cores, o portavoz municipal, Ángel Luis  Baz  Vicente e a responsable local, Beatriz Lomba Rodríguez


Infogauda / A Guarda

 A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón comprométese co colectivo de pensionistas  a ser  “a súa voz” no Parlamento para exixir   do goberno central unha subida que incremente “o seu poder adquisitivo”

Ana Pontón se comprometeu a pedir na Cámara galega que o goberno deixe de perseguir ás persoas pensionistas  emigrantes  retornadas como está a facer a través da Facenda española

Ana Pontón mantivo un encontro con pensionistas na antiga sede da Confraría de Pescadores

 Para a nacionalista, “Rajoy maltrata ás persoas pensionistas cunha subida do 0.25%” e denuncia que o Partido popular “traballe para beneficiar fondos privados” cortando  o dereito a unha pensión digna. Reclamos, como mínimo unha subida equiparable a subida do coste da vida e que se “salvagarde o sistema de pensións público”.  

 Por outra parte, tamén se comprometeu a pedir na Cámara galega que o goberno deixe de perseguir ás persoas pensionistas  emigrantes  retornadas como está a facer a través da Facenda española ao obrigalos a pagar máis que a un xubilado ou xubilada no Estado español.   

O BNG demanda créditos ao IGAPE á baixo custe para renovar a flota do palangre  

 Ademais, na súa visita A Guarda, acompañada pola portavoz de pesca e deputada por Pontevedra, Montse Prado Cores, o portavoz municipal, Ángel Luis Baz Vicente e a responsable local, Beatriz Lomba Rodríguez, a portavoz do BNG mantivo un encontro coa  directiva de OR.PA.GU. (Organización de Palangreiros Guardeses)  centrado no futuro da frota e nun sector no que se está a producir un importante  relevo xeracional e con gran presenza no concello da Guarda. 

A portavoz do BNG mantivo un encontro coa  directiva de OR.PA.GU. (Organización de Palangreiros Guardeses) 

 Pontón asegurou que o BNG trasladará ao Parlamento galego as demandas sobre as axudas para a renovación da flota. Neste sentido, explicou que os barcos do palangre contan con moitos anos e o  marco da limitación da pesca “non permite a renovación plena desta flota” polo que se fai urxente “axilizar as axudas” destinadas a mellorar a eficiencia enerxética das embarcacións  e as condicións de vida das súas tripulacións.  

Ana Pontón achegouse ata á lonxa da Guarda

 Resulta inconcibible, denunciou, que nun país como Galiza onde a pesca ten un papel tan relevante, teñamos un modelo “que financia a morte dunha flota” en vez dun sector pesqueiro do século XXI. A Unión Europea e o goberno central destinan “máis recursos a desguazar que a modernizar e renovar  a flota”. Unha flota dixo, que dende o reto da sustentabilidade acade máis capacidade para crear emprego.   

 Pontón afirmou que a modernización da flota suporía a actividade dos estaleiros coa construción de entre 20 e 30 barcos polo que anunciou que BNG defenderá “axudas para a renovación” ao que sumou “créditos a baixo custe dende o IGAPE” para resolver un dos principais problemas deste sector estratéxico para A Guarda e Galicia. 

Un  novo modelo urbano para  persoas e para os coches

 Dende o BNG, manifestou  defendemos un novo concepto de  mobilidade no concello da Guarda no que o centro sexan as persoas e non os vehículos apostando por espazos e entornos nos que o pequeno e mediano comercio conten con vida e apoio.   

 Nesta liña, o BNG traballa en diferentes iniciativas dende o concello e a Deputación de Pontevedra para construír A Guarda do século XXI, unha vila accesible e pensada para as persoas superando o espazo urbano  para almacenar coches. 

 A portavoz do BNG insistiu na necesidade de apostar polo pequeno e mediano comercio para xerar actividade económica nunha vila cunha capacidade enorme dende o punto de vista turístico pero que precisa un novo modelo urbano.    

Ningún comentario:

Publicar un comentario