12 de xul. de 2017

MÚSICA

Homenaxe musical a Pascual Veiga

Sons de Gallaecia é o título da Xira 2017 das Bandas Sinfónicas Xuvenil e Infantil de Galicia 

Banda Sinfónica de Galicia / A Coruña

 Tal día como hoxe, 12 de xullo de 1906, falecía en Madrid Pascual Veiga.  

 111 anos despois a súa música segue moi viva. Dende a Banda Sinfónica Infantil de Galicia e Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia rendirémoslle unha especial homenaxe, a cal iremos facendo pública nas vindeiras datas.  

Pascual Veiga como leitmotiv da xira 2017  A sua derradeira viaxe a súa terra natal fixoa seis anos despois de morto, cando e gracias os cartos reunidos dende a emigración en América conseguen repatriar os seus restos dende Madrid para ser enterrados en Mondoñedo.  

 A Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia fará unha viaxe musical: a mesma  que fixo Pascual Veiga o 17 e 18 de setembro de 1912: en Lugo (onde o recibiu a Banda Municipal interpretando unha marcha fúnebre na estación de ferrocarril) en Vilalba (onde o pobo saiu a recibilo e a cantarlle) e  Mondoñedo (onde os seus veciños, orfeón e banda lle deron unha emotiva homenaxe). 

 Sería o 18 de setembro de 1912, cando no descubremento da Placa conmemorativa na súa casa natal en Mondoñedo soaría por vez primeira o Himno Galego (en Galicia) coa Banda de Isabel la Católica (director: Ricardo Quiroga Marcos) e o Orfeón Pacheco (director: José Castañeda Jurado).  

Ningún comentario:

Publicar un comentario