13 de xul. de 2017

MOVEMENTOS SOCIAIS

CIG - SAÚDE APOIA Á CONCENTRACIÓN CONTRA O PECHE DE CAMAS

Convocada pola Comisión de Centro do CHUVI, para este venres 14 de xullo ás 13 horas, na porta de Consultas externas do H. Álvaro Cunqueiro (vela C andar -1)


 CIG-Saúde da comarca de Vigo apoia a Concentración convocada pola Comisión de Centro do CHUVI, o venres 14 de xullo ás 13 horas. Na porta de Consultas externas do H. Álvaro Cunqueiro (vela C andar -1) denunciando o peche de camas durante o verán que se suman ás xa pechadas no H. Meixoeiro durante todo o ano. 

O período do verán, que soporta menos presión de determinadas patoloxías, podería ser unha oportunidade para incrementar o número de cirurxías para acortar a lista de espera que padecemos. No canto de facelo á Consellería de Sanidade aposta por dedicar máis cartos á Sanidade Privada.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario