13 de xul. de 2017

GUILLAREI (TUI)

EDUCACIÓN ADXUDICA AS OBRAS DE REFORMA DOS ASEOS DO CEIP DE GUILLAREI, EN TUI  

· Os traballos executaranse ao longo das próximas semanas e permitirán adaptar estes espazos para alumnos con necesidades especiais 
· O investimento roldará os 31.000 euros 

Infogauda / Guillarei (Tui)

 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou esta mañá que a Xefatura Territorial de Educación acaba de adxudicar as obras de reforma dos aseos do CEIP de Guillarei en Tui. 

 Estes traballos serán os primeiros que se executan este verano directamente a través dos fondos da Xefatura Territorial de Educación, priorizando as necesidades máis urxentes de cada un dos centros educativos da provincia. 

 As obras, que se levarán a cabo nas próximas semanas, suporán un investimento de case 31.000 euros tanto para demolicións, revestimentos, falsos teitos, carpintería, instalación eléctrica e de fontanería, pintura e ventilación. 

 Deste xeito, levarase a cabo a mellora dos aseos do CEIP de Guillarei situados na planta baixa, dotándoos dun espazo adaptado para persoas con discapacidade e necesidades especiais. 

 Ademais, tamén se creará un cuarto de limpeza e se corrixirán outras deficiencias que presentan os baños, como olores, perdas de fluídos, tubaxes e pavimentos degradados que impiden unha boa hixiene e falsos teitos danados, “o cal xerou problemas de uso destes aseos, razón pola que se tomou a decisión de poñer en marcha unha reforma integral destes espazos na planta baixa”, engadiu Cores Tourís. 

 Cada novo aseo estará dotado de dous inodoros e un lavabo instalándose ademais nos baños de nonos un urinario. Tamén se cambiará a fontanería en aceiro inox e toda a rede de desaugadoiros mediante a condución dunha arqueta debaixo do forxado. Cambiaranse os solados metendo terrazo e instalaranse novos falsos teitos e luminarias de tecnoloxía led con novos puntos de luz e lumieiras de emerxencia. Dotarase aos aseos de producción de auga quente cun termo eléctrico de 200 litros. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario