RÚAS E CAMIÑOS DA GUARDA
Fotos: Santiago Baz Lomba
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Cando o camiñante chega ata A Guarda atópase con unha sinfonía cromática que vai desde o azul cerúleo ata o vermello, e entre unha e outra, unha variedade de suxerentes cores, rivalizando en vistosidade. Ainda quedan casas caleadas, pero xa as menos. E tamén hai quen canso de gresites e alicatados dos anos 70 do pasado século, recuperan a cor branca para ás fachadas das súas vivendas.
Ainda lembramos con evidente nostalxia aquelas modestas vivendas de pescadores, de baixo terreiro e un andar con piso e vigas de madeira, onde a gamela da casa, tiña seu lugar, e onde á lareira daba mornura nos crús invernos de outrora. No pouco espazo físico daquelas casiñas, había unha familia de pescadores con ampla descendencia, como era tradicional. A vida era a que era, e os rapaces enchían o modesto fogar que non daba para máis. E ás rúas eran á prolongación do ámeto doméstico. Máis por fora, o branco da cal, que se renovaba cáseque cada verán, relocía en plenitude nas casiñas da Robaleira e da Ribeira.
Daquela era cando os escritores Eduardo Blanco Amor e Celso Emilio Ferreiro, así como ao fotógrafo José Suárez Fernández, entre outros insignes ourensans, viñan ata A Guarda, na procura da frescura do noso mar e da súa brisa salutífera. Desde aqueles veráns ata hoxendía, moito mudou A Guarda.
Mudaron os visitantes do verán guardés e mudaron tamén outras moitas cousas. Como por exemplo ás vivendas dos pescadores, que nas últimas catro décadas semellan trepar cara o ceo, tentando ollar o océano desde a fiestra, ainda que ésta teña que estar nunha altura outrora inimaxinable.
E con todo, A Guarda, coas súas rúas empedradas do chamado casco antigo, que nos levan desde a Praza do Reló ata A Marina, e desde A Ribeira ata A Roda, O Pirún, San Queitano, A Cruzada,..., continúa ser un pobo moi fermoso. Para coñecer pouco a pouco. De vagar.
Se o camiñante quer, pode ir cara o Norte, pola rúa Calvario ata Ribadavila, Solanas, Sucampo,...
Calquer rota que elixamos será un goce para os sentidos. O arrecendo a algas, na baixamar; o característico cheiro a peixe de coiro, secando na azotea da casa ou mesmo no Portiño Novo; e sobor de todo, o mar, coa súa insansable dinámica de ondas que veñen, unha detrás doutra, modelando, sen presa, o litoral.
Se prefire ir en dirección a Salcidos, hai todo un labirinto de camiños que desde O Castro, O Marouco, A Pombiña, A Barreira, A Portela, A Gándara,..., nos permiten ollar o río Miño e o veciño Portugal.
E ainda quedan outras alternativas, como ás que nos brinda Camposancos, pendurado desde fai séculos, dunha das abas do inigualable Monte Santa Trega. Na súa andaina, o camiñante atopará camiños de pedra, casas restauradas,..., e sobor de todo, moita cor.
E dese xeito, camiñando, é como podemos coñecer á beleza que amosa A Guarda e o mesmo tempo, gañar en saúde.
A Guarda: Un pobo rebosante de cores e de boa xente.
A Guarda: Un pobo rebosante de cores e de boa xente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario