14 de xul. de 2017

LABORAL

NERVIOSOS!!!



 Cada traballador/a que saque as súas propias conclusións sobre a nota que repartiu a Dirección ....HUELGA EN EL CENTRO EL SABADO 15 DE JULIO.  

- Din que o dereito a folga consiste en non prestar servizos en xornada de traballo ordinaria e obrigatoria, e que o sábado 15 de forma xeral e de carácter voluntario. Por primeira vez a Dirección recoñece por escrito que a Folga é un Dereito. Algo xa avanzamos. Pero con dito comunicado as agachadas, está a coaccionar a traballadores/as para que veñan a traballar.   

- Informan que é unha convocatoria anómala xa que a practica totalidade dos/as traballadores/as están de descanso de fin de semana ou prestando actividade en xornada voluntaria! Sendo un dereito a folga como a mesma recoñece, o sábado 15 lóxicamente a convocatoria só afecta aos traballadores/as que teñan a obrigatoriedade de vir. Pero se está respectando a tódolos/as traballadores/as con independencia do seu contrato de traballo? NON!!!. Aos eventuais non teñen obrigatoriedade de prestar servizos en Sábado o non estar impactados pola bolsa de horas, e teñen dereito a descansar. Compañeiros/as,... e ilegal, denuncialo! Estamos a vosa disposición.  

- Fan saber que nos van aplicar descontos salariais e de cotización a Seguridade Social  a quen secunde a folga!. Quen estea obrigado pola bolsa de horas, e non acuda a traballar, en ningún escenario posible lle poden restar salario.  

- Resaltan que non se debe coaccionar a vontade individual dos/as traballadores/as! Que nos quere dicir??? Que a partires de agora os/as traballadores/as de Citroën non imos padecer a represión por dicir o que pensamos, ... para votar nas eleccións sindicais a quen quero,... por ir a unha folga,..., por dicir que non veño o domingo 9 horas, ou o Sábado 15.  

 SEÑORES DA DIRECCIÓN: Entendemos o seu nerviosismo, mais dun 80% da plantilla está avalando e defendendo as medidas propostas polo 20% da representación sindical do Centro. Iso si que é ANÓMALO.  

 Pero o FRAUDULENTO é o que fan vostedes ao non cumprir coa LEI na súa obriga de respectar os descansos mínimos dos/as traballadores/as, ... permitir que un traballador da noite prolongue a súa xornada mais alá das 6 da maña, ... obrigar a un traballador/a a vir o sábado 15 por ser eventual, ... etc.     

 Porque non informan aos traballadores/as que: O comité de folga entrará na fabrica o día de folga, e todo aquel traballador que o sábado 15 desempeñe un posto do cal non é o titular poderá ser denunciado. Porque non informan aos traballadores/as que: A Inspección de Traballo está preavisada para verificar quen esta ocupando un posto dun traballador que está en folga e lle pode coller os seus datos persoais. Porque non informan aos Encargados que: Non poden preguntar quen vai secundar a folga do sábado 15.

 Non descoiden as súas obrigas coa Lei, non vai ser que algún traballador/a se vexa penalizado por incorrer nunha ilegalidade. Logo que non vaian xustificarse que a Dirección non tiña coñecemento e non lles preavisou das consecuencias.  

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario