18 de maio de 2017

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN MEDIDAS PARA COMBATER Á PRECARIEDADE DOS XÓVENES INVESTIGADORES

Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Para seu debate, e aprobación, se procede, na vindeira sesión plenaria da Corporación Municipal do Concello de A Guarda, o concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega ven de presentar no rexistro municipal de entradas do concello, á seguinte moción:

CONTRA A PRECARIEDADE DOS/AS XÓVENES INVESTIGADORES/AS  

 Celso R. Fariñas, como portavoz de CONVERXENCIA GALEGA, o abeiro do Regulamento de Organización, Funcionamiento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta para o seu debate e aprobación si procede,  da siguiente MOCIÓN: 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:  Dende o inicio da crise -dende 2010 a 2016- o Goberno Central, reduciu a súa inversión en I+D en 2.845 millóns de euros e se perderon máis de 10.000 investigadores. O inxente esforzo para formar este capital humán foi dilapidado ou simplemente regalado aos nosos países veciños, que sí garantan a continuidade das súas institucions  sistemas. Eiquí, polo contrario, parecemos incapaces de reter a unha xeneración que había acadado niveis internacionais na súa formación e experiencia profesional.  

 Estes recortes se levaron a cabo a pesar da elevada eficiencia do noso sistema de I+D. Os baios salarios, a elevada precariedade laboral, a escasez da financiación ou o escaso interés empresarial privado, non impidiron a nosa producción científica e tecnolóxica acadar niveis de eficiencia (productividade/euro) iguais ou superiores aos dos países do G-8.  

 Os recortes supuxeron unha grave descapitalización humán, loxística e de infraestructuras no noso sistema de I+D. Téñense pechado definitivamente laboratorios e infraestructuras científicas que habían costado millons de euros e que volverá a costar millóns recuperar, se algún día volven a estar disponibles.  

 A nosa I+D está ferida de gravedade, e se non se cambia radicalmente o rumbo, nosos investigadores seguirán abandonando o país e a investigación estará condeada a irrelevancia.  

 Esta situación é de especial gravedade paraos máis xóvenes, quenes soportan tasas de temporalidade e encadenamento de contratos precarios e proxectos que, en muitos casos, nin siquera poden desenrrolar no noso país, o que lles condea a un éxodo con nefastas consecuencias para a consolidación das suas carreiras e proxectos de futuro.  

 E absolutamente urxente revertir este panorama e situar a investigación, o desenrrolo e a innovación como unha prioridade política e social para todo o país. E e prioritario valorar a situación dos nosos xóvenes, e cómo ésta revirte na incapacidade para sair dunha crise cuias taxas de desigualdade e exclusión teñen quedado como un problema permanente.  

 Esta situación viuse exposta a opinión pública nas últimas semans, polo cambio nos contratos predoctorais de miles de xóvenes sin comunicación algunha e cuia resposta ten forzado o Ministerio de Emprego e Seguridade Social a comunicar que procederá a restituir o código previo (401) en lugar do 420 no que  había encuadrado os contratos citados.  

 A temporalidade no emprego dos traballadores na ciencia, como nóutros ámbitos, non se resolverá ca rectificación de erros administrativos. O que sigue en primeiro termo é a falla de  estabilidade como un problema para a consolidación da investigación como motor de desenrrolo do país.  

 E imprescindible un Pacto pola Ciencia que aposte polo impulso a investigación, o desenrrolo e a innovación como prioridade e non como un luxo prescindible. Ademais, seguiremos esixindo o cese dos baixos salarios, a precariedade laboral e a escasez de recursos no  sector chamado a ser un pilar nún modelo económico alternativo basado no coñecemento, e recollendo unha preocupación social de primeiro orden.  

 Por todo elo, o  Concello de A Guarda adopta os seguintes  ACORDOS:  

1.- Instar o  goberno a impulsa-la investigación, desenrrolo e innovación, valora-la perda de recursos humans e materiais de investigadores/as xóvenes.  

2.- Instar a Xunta e Goberno Central a eliminación total dos límites da tasa de reposición de emprego público no sector de I+D, permitindo a incorporación de novos recursos humans de acordo cas necesidades reais do sistema de I+D+I. 

3.-Elaboración dun censo de aqueles/as mozos deste concello que se viron obrigados a marchar na busca de proxectos, contratos ou becas que lles permitan continuar as suas carreiras profesionais e académicas iniciadas en España, ca perda de recursos e o impacto negativo que ten nos séus lugares de orixen dende o punto de vista económico e  social.  

4.- Instar o goberno do Estado e a Xunta de Galicia a evalua-lo impacto que ten a perda de investigadores no noso país; adquirir o compromiso de dar estabilidade as carreiras investigadoras da nosa xuventude, que permitan que o potencial de transformación social que supoñen revirta nas nosas Universidades, Centros de investigación e Hospitales públicos.  

5.- Instar o gobierno do Estado e a Xunta de Galicia, a toma-las medidas necesarias para combatir a precariedade, especialmente xuvenil, entendida como unha imposición dende o emprego o falla deste, falla de recursos, vivenda, oportunidades, acceso a servizos  e saidas en igualdade para construir un futuro dende a sua condición de xóvenes. Poñe tódo-los medios o alcance dos concellos  e Comunidades Autónomas para frear o éxodo e reverti-la precariedade. 

6.- Dar traslado do seguinte Acordo o goberno do Estado e a Xunta de Galicia  

En A Guarda, a 11 de maio de 2017   

Concelleiro de Converxencia Galega  
Celso R. Fariñas

Ningún comentario: