18 de maio de 2017

A GUARDA

Comeza Tapearte, a ruta de tapas a 2 € 

Desde este venres día 19 de maio ata o domingo 18 de xuñoen 23 locais da Guarda

A ruta celebrarase durante 5 fins de semana: os venres, sábados e domingos 

A esta presentación asistiron o alcalde Antonio Lomba Baz, a concelleira de Turismo Montserrat Magallanes Álvarez e a maior parte dos hosteleiros que amosaron as súas propostas nunha gran mesa
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Hoxe presentouse na Casa dos Alonso a quinta edición da ruta “Tapearte” que naceu en 2013 vinculada a elaboración das Alfombras florais do Santísimo Sacramento.  

 A esta presentación asistiron o alcalde Antonio Lomba Baz, a concelleira de Turismo Montserrat Magallanes Álvarez e a maior parte dos hosteleiros que amosaron as súas propostas nunha gran mesa. O alcalde na súa intervención destacou a calidade das tapas que é a mostra do bo facer da nosa hosteleria. Tamén indicou que aumentou o número de establecementos e nesta edición son 23 restaurantes e bares os que ofrecerán a tapa a 2 € (sen consumición).
  

 Pola súa banda, a concelleira de Turismo resaltou a importancia do traballo dos hosteleiros para que esta iniciativa se leve a cabo un ano máis. Ademais dende a primeira edición a ruta foi crecendo tanto nas datas como no seu formato grazas a boa acollida desta ruta. Para rematar indicou que nesta edición se adiantou o comezo para o peche coincidise coa celebración das Alfombras florais do Santísimo o domingo 18 de xuño.  


 Polo tanto, a ruta celebrarase durante 5 fins de semana: os venres, sábados e domingos dende o venres 19 de maio ata o domingo 18 de xuño. Atendendo as suxestións dos participantes en edicións pasados amplíase o horario de 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas. 

 Na ruta participan 23 restaurantes e bares do Concello da Guarda e cada un ofrecerá a súa proposta a un prezo unitario de 2 €. A consumición non está incluída neste prezo. Ademais buscase potenciar o concepto de ruta polo que os participantes disporán dun pasaporte co relatorio dos establecementos adheridos.  


 Para fomentar a elaboración de tapas de calidade entre os establecementos adheridos organízase o Concurso da Mellor Tapa de TAPEARTE 2017. Os participantes serán os responsables de valorar as tapas e coas súas puntuacións serán os que escollen o establecemento que elabore a mellor tapa. As tapas valoraranse de 1 a 6, sendo 6 a maior puntuación. Tamén se recoñecerá ao establecementos que ofreza o maior número de tapas. 


 E os participantes tamén poderán optar a agasallos por participar na ruta. Haberá un premio directo aos entreguen o pasaporte con un mínimo de 15 selos, o premio é un reloxo e un bolígrafo do deseñador Antonio Miró e terán que recollelo na Oficina de Turismo. Tamén haberá un sorteo de 9 mochilas e 9 altavoces inalámbricos entre os pasaporte entregados nas urnas e que conteñan os datos de contacto completos e un mínimo de 7 selos. Haberá urnas para depositar os pasaporte nos establecementos adheridos e na Oficina de Turismo do Concello.  

 O evento de hoxe permite promocionar a ruta nos medios de comunicación e nas redes sociais. Ademais nesta edición fíxose un esforzo na campaña de difusión con cuñas publicitarias en varias emisoras de radio e colocáronse dúas vallas publicitarias en Tui e Vigo. 

 Unha vez presentadas as tapas agora tan só hai que decidir cal é o primeiro establecemento onde comezar a ruta. 

 Organiza Concello A Guarda coa colaboración dos 23 restaurantes e bares da Guarda. 

 Patrocina: Disramo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario