7 de feb. de 2017

OIA

OPINIÓN

A ALCALDESA DE OIA TRASLADA O SEU ABSOLUTO DESACORDO COA NOTICIA SOBRE O PLENO EXTRAORDINARIO DE ONTE

  Me gustaría trasladar o meu absoluto desacordo coa noticia sobre o pleno extraordinario de onte, sobre o Mosteiro, que entendo debe ser unha nota de prensa, e non reflicte en absoluto o que alí se trasladou pola miña parte aos grupos da oposición e aos veciñ@s que se encontraban alí. Me gustaría que dalgunha maneira se recollera dunha maneira máis completa o que alí aconteceu. Me parece a postura do PSOE dunha total irresponsabilidade. 

 Pola miña parte procedín a lectura de parte do convenio suscrito e aprobado en pleno en novembro 2011, onde se indicaba que o Concello se comprometía a materializar e facer as xestións posibles ante outras administracións para dotar ao Concello das infraestructuras necesarias para garantizar o abastecemento, o saneamento, etc que precisa o complexo turístico. E que de non contar co apoio destas non tería ningúnha responsabilidade.  

 Esto repetino ao longo do pleno, traendo a colación tamén o informe técnico xurídico onde tamén se recolle que se conta cun depósito de 250 m3 e a necesidade é de case 600 m3 diarios, e que non se pode garantizar o suministro de auga.   

 Por outra parte, recalquei que o Convenio se está a respetar e por eso, dende que asumín o  goberno me puxen en contacto con Augas de Galicia solicitando fixeran un Estudio do acuífero, de onde se abastecen as comunidades de usuarios de augas privadas, captacións de particulares, e os pozos dos que se bombea auga para encher o depósito municipal.  A instancia nosa, Augas de Galicia contratou o ano pasado, coa Universidade da Coruña, un Estudio do acuífero tendo en conta o desenvolvemento dese complexo urbanístico. Respecto deste tema, conto cun preinforme da Universidade que di que a priori o caudal é suficiente para abastecer a demanda actual pero que non se pode garantizar o complexo turístico dende o punto de vista da sostenibilidade do recurso. Así se explicou e reiterou aos grupos da oposición na sesión plenaria.  

 O portavoz do grupo socialista compartiu que temos un depósito QUE SO VALE PARA REGAR, QUE NON ESTÁ COMPARTIMENTADO, que non temos saneamento, etc, contradecindo toda a postura que defendera anteriormente. O importante según él é tirar para adiante e xa se irán resolvendo os problemas. Ao que eu lle expliquei, que podo estar dacordo co desarrollo do complexo pero non vou a hipotecar o futuro dos veciños e veciñas de Oia, sería unha irresponsabilidade.   

 Asimesmo, o portavoz insistiu en que debía arriscarme, que él se arriscaría, senón que dimitira que se encargaba él. Eu lle respondín que me podo arriscar na miña vida persoal pero non cando comprometo o futuro do Concello.   

 Un cordial saúdo, 

 Cristina Correa  
 Alcaldesa de Oia 

Ningún comentario:

Publicar un comentario