7 de feb. de 2017

DEPORTES

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE CAMPO A TRAVÉS INDIVIDUAL E POR EQUIPOS

Equipo do club atletismo Tui-Thermalia no máis alto do podium logo de recibir o trofeo que as acredita como novas campionas galegas por equipos de campo a través.  

Informa: Club Atletismo Tui 


 Nunha magnífica matinal as cadetes do club foron capaces de sair vitoriosas do gran reto que tiñan que era conseguir por primeira vez na historia do club clasificarse entre as mellores de Galiza nunha proba federada e por equipos. Obxectivo conseguido. Son as novas campioas galegas o equipo formado por Elsa, Laura, Lucía e Cinthia. Con esta vitoria conseguiron clasificarse para representar a Galiza no Campionato de España que se celebrará o día 25 de febreiro en Oropesa.  

Elas son as novas campioas galegas 


 Noraboa as nosas campioas. Sodes moi grandes. 

 Felicitamos aos seus adestradores Daniel Mouriño e Alfonso Conde, e a todas as persoas que as apoian sen as cales todo isto sería imposible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario