A Xunta de Galicia licita por case tres millóns de euros as obras de execución do centro de saúde de Gondomar
As obras de execución desta infraestrutura sanitaria contará cun prazo de execución de 14 meses
A situación da parcela, supón a transición entre este e o sistema de edificación dispersa que o rodea, polo que o proxecto busca incorporar a riqueza da súa contorna, contribuíndo a poñela en valor e fomentar o seu uso e conservación
A forma de patio aberto permite establecer unha relación deste inmoble cos edificios lindeiros, creando unha praza de acollida que involucra esta área co casco e co paseo fluvial
A construción deste novo centro de saúde permitiralles tanto os profesionais como os pacientes e usuarios dispor dunha infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades
Infogauda / Gondomar
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación as obras de execución do centro de saúde de Gondomar, cun orzamento de case tres millóns de euros e que contará cun prazo de execución de 14 meses. O edificio destinarase a centro de saúde, de acordo ao programa de necesidades, a maiores, o proxecto resolve a contorna urbanizado da parcela e o seu encontro co parque fluvial. Para obter máis detalles pódese consultar premendo eiquí.
A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) contratará e executará as actuacións por encomenda do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que aprobou o proxecto, que ten por obxecto a construción do centro de saúde municipal, infraestrutura básica para os veciños deste municipio.
O inmoble divídese en áreas funcionais, con división lonxitudinal en dúas bandas, unha orientada sempre cara o patio, que enlaza todas as áreas públicas de espera e circulación, mentres a outra crea un anelo de carácter especializado de atención personalizada ou servizos específicos.
Na área médica contarase con seis consultas de medicina xeral e seis de enfermería; unha consulta de matronas e outra sala de educación maternal. Tamén haberá despachos para o xefe de servizo de unidade e para o traballador social; unha sala de toma de mostras, outra de espera; unha sala de técnicas e dúas polivalentes.
A área de pediatría contará cunha consulta; unha sala de espera propia; unha consulta de enfermería pediátrica e un aseo. Finalmente, nas zonas de administración e outros usos executaranse una área de admisión; un arquivo de historias clínicas; dous almacéns; unha sala de caldeiras; outra de estar para o persoal e aseos, tanto públicos como para o persoal. Ademais de sala de xuntas e biblioteca.
Convivencia coa contorna
A situación da parcela, de 4.974 m2, supón a transición entre este e o sistema de edificación dispersa que o rodea, polo que o proxecto busca incorporar a riqueza da súa contorna, contribuíndo a poñela en valor e fomentar o seu uso e conservación, dando lugar a un espazo colectivo de gran valor e potencial. O edificio organiza o seu funcionamento a través dun patio aberto ao río Mañufe, que da inicio á presenza da natureza nos espazos construídos.
A forma de patio aberto permite establecer unha relación deste inmoble cos edificios lindeiros, creando unha praza de acollida que involucra esta área co casco e co paseo fluvial. Esta situación vese reforzada ao ter unha entrada ao edificio que o fai permeable ao unir a galería, que forman as zonas de espera e a circulación do patio, co acceso acristalado.
O edificio repártese en niveis para conseguir liberar un área da parcela que combine os usos públicos necesarios para os veciños, como a mellora do ámbito fluvial, ao mesmo tempo que se pon en valor camiño “Das Ánimas”.
Esta actuación tamén contempla a execución dunha praza accesible por cada 33 prazas de aparcamento. En todo caso, estes espazos disporán a lo menos dunha praza accesible por cada praza reservada para usuarios de cadeiras de rodas.
Para a finalización da construción do edificio, precisarase, entre outros traballos, débense realizar movemento de terras; saneamentos; estruturas; tarefas de albañilería, execución de pavimentos; carpintería e aislamentos e impermeabilización. Ademais, haberá traballos de pintura; fontanería; e eléctricos.
A construción deste novo centro de saúde permitiralles tanto os profesionais como os pacientes e usuarios dispor dunha infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades, e que dará mellor resposta ás necesidades de saúde, presentes e futuras, das veciñas e veciños deste concello pontevedrés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario