26 de xan. de 2017

A GUARDA

Joaquín Miguel Villa presenta o seu libro "La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, 3ª parte" 

Este sábado día 28 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Centro Cultural da Guarda    



Infogauda / A Guarda

 Este ano celébrase o centenario do MASAT, o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, que foi creado pola Sociedade Pro-Monte no ano 1917. Dentro do amplo abano de actividades que conmemorarán tan destacada data, este sábado día 28 de xaneiro, ás 20:30 horas, o Centro Cultural da Guarda acollerá o primeiro dos eventos programados: a presentación do libro "La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, 3ª parte", do historiador e investigador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez.   

 Esta publicación supón a terceira parte da súa serie de libros na que fala da historia desta sociedade pero tamén da propia sociedade e vida política da Guarda. Esta terceira obra, que abrangue dende o ano 1939 ata o 1979 e leva por subtítulo "Unha larga e fructífera permanencia", continúa a afondar na última etapa da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, completando así os dous volumes anteriores: "La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (1ª parte: 1912-1928)" e "La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (2ª parte: 1928-1939)”.   
 Deste xeito dan comezo as actividades de conmemoración do centenario do MASAT, que incluirán obradoiros, exposicións e diversas publicacións, como a de J. Miguel Villa. 

 Todas aquelas persoas que desexen adquirir o libro "La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, 3ª parte", o poderán facer o propio sábado tras a presentación, a un prezo de 26 euros. Ademais, con cada exemplar do mesmo regalarase un exemplar da obra “Citania y Museo Arqueológico de Santa Tegra”, de Xoán Martínez Tamuxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario