4 de feb. de 2016

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA CRITICA AO GRUPO DE GOBERNO POR DARLLE TRABALLO A UNHA XESTORÍA DE FORA

Celso R. Fariñas: "(...) Dende Converxencia Galega, consideramos que esa non é maneira de potenciar a economía de A Guarda (...)"

Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega

Infogauda / A Guarda

 Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, presentou no Concello de A Guarda (Rexistro de Entrada nº 640; Data de Rexistro: 02.02.2016), á seguinte interpelación:

MALESTAR CO TROCO DE XESTORÍA

 O recibir a derradeira nómina, o persoal do Concello, atopouse cun troco de información nas mesmas, en diversos dos conceptos e cantidades, que levou a que tiveran que facer distintas consultas.

 Cando tivemos coñecemento desta situación, non fomos capaces de averiguar se había acontecido “algo” grave” que levara o retiro inmediato desta función, pero conseguimos saber que de repente, se había dado a xestión da elaboración de nóminas, contratos, liquidacións do Concello a outra empresa. Non sabemos se en mellores condicións, pero, temos a sospeita de que presuntamente non se cumpliu ca Lei de Contratos do Sector Público, pois consideramos que non se trata dún contrato menor.

 Así mesmo, ainda que iso fora así, debería, ou facer convocatoria pública para darlle claridade e trasparencia a dita concesión, e, tendo en conta que na nosa localidade están funcionando e teñen oficina aberta, -pagando os impostos municipais correspondentes- varias xestorías, haberlle feito a oferta para que o que pagamos os veciños/as repercuta en primeiro lugar na nosa localidade, e non a “dedocracia” darlle o servicio a unha doutra localidade, e “provocar” que os traballadores, cando xurda algunha dúbida, teñan que desplazarse fora do noso pobo.

 Dende Converxencia Galega, consideramos que esa non é maneira de potenciar a economía de A Guarda, e si aquí non existía xestoría con capacidade de levar este tipo de traballo, tamén se podría facer a oferta pública de emprego para un par de administrativos, que desempeñaran esa función.

A Guarda, a 21 de Xaneiro  do 2.016

  
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega


Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Secretario Acctal. 
Sra. Interventora 
Sra. Tesoreira 
Concello de A Guarda

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA INSTA AO ALCALDE A QUE TOME MEDIDAS

Por haber nomeado como Concelleiro Delegado no Consello Escolar do Colexio Manuel Rodríguez Sinde, ao 1º Tenente Alcalde, Miguel A. Español Otero, e non ten acudido a ningunha reunión

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de Converxencia Galega 
          
Infogauda / A Guarda

 O concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de facer público o contido da comunicación (Rexistro de Entrada nº 639; Data de Rexistro: 02.02.2016), que presentou no Concello de A Guarda, e no que dí o seguinte:

Asunto: ASISTENCIA O CONSELLO ESCOLAR

 O inicio desta lexislatura, por medio de Decreto, o Sr. Alcalde, nomeou dentro do seu Equipo de Goberno, os Concelleiros/as Delegados/as nos Consellos Escolares. 

 No caso concreto, no centro educativo “Manuel Rodríguez Sinde”, foi nomeado o 1º Tte. Alcalde, Sr. Miguel A. Español Otero, concelleiro liberado e con dedicación exclusiva, ou o que é o mesmo, pagado con diñeiro de tódolos/as veciños/as de A Guarda, quen, cando xa se teñen celebrado varias xuntanzas, os membros do Consello Escolar, nos informan que algún/has nin o coñecen, porque ata o día de hoxe, non ten acudido a ningunha reunión, polo que consideramos que o Sr. Alcalde, debe tomar as medidas que sexan precisas para que desempeñe as súas obrigas, e dende Converxencia Galega queremos manifestar a nosa máis enérgica protesta pola súa deixadez e abandono de funcións, especialmente no principio de curso, que é cando máis se trata dos problemas e deficiencias das instalacións e se buscan alternativas para arranxalos no menor tempo posible, para mellorar a calidade da estancia dos menores nas aulas, así como tamén o máximo confort para eles e o profesorado, que axudará no obxetivo de de mellor educación, polo que queremos reprobalo públicamente por non cumplir seus compromisos e responsabilidades municipais, polos que cobra con cartos públicos. 

A Guarda, a 02 de Febreiro  do 2.016 

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de Converxencia Galega             


Sr. Alcalde-Presidente            
Sr. Secretario Acctal. 
Concello de A Guarda

CAMINHA

Caminha Doce arranca sexta-feira


Baile do Assalto e Desfile de Carnaval noturno integram programa desta edição


Infogauda / Caminha

 De 5 a 9 de fevereiro, Caminha vai ser a capital dos doces com a promoção de mais uma edição da Caminha Doce - Feira de Doçaria. Esta edição promete “muitas tentações”. Mais de duas dezenas de expositores com doces característicos de várias regiões do país, exposição/concurso Arte Doce - “Folia Doce” – workshops, apresentações, demonstrações “A Hora do Meu Bolo”, Baile do Assalto e Desfile de Carnaval Noturno dão o mote a esta edição do certame. O evento inaugura sexta-feira, dia 5, às 19h30, com a atuação da Tuna da Universidade Sénior do Rotary Club de Caminha.  

 Com o Rio Minho como pano de fundo, esta edição da Caminha Doce promete algumas novidades na programação. Doces tradicionais, pastéis de Tentúgal, fogaças, biscoitos de amêndoa artesanais, ovos moles, doces conventuais, caminhenses, petinga doce, queijos artesanais com chocolate e hortelã, compotas e licores são algumas das especialidades que vão fazer o visitante “cair em tentação”.   

 Se os doces prometem, o concurso Arte Doce vai voltar a ser uma das atrações do certame, este ano subordinado ao tema "Folia Doce”. A concurso estarão 4 bolos, das pastelarias Caminhense, Petinga Doce, Camipão e da ETAP Escola Profissional. Os vencedores serão conhecidos na abertura do certame.   

 As demonstrações “A Hora do Meu Bolo” levadas a cabo por pessoas do concelho que quiseram associar-se ao certame e demonstrar as suas habilidades doceiras são o destaque desta edição. Tarte de ananás, por Odete Estima; madness de chocolate, por Sandra Rego; bolo frio de bolacha, por Maria Teresa Cerqueira; bolo fofo de frutos vermelhos com creme de baunilha, por Renata Monteiro; toucinho do céu, por Fernanda Viana; doce de morango crocante, por Vitor Couchinho; bolo de caramelo e bolinhos dos santos, pela irmã Maria Henriqueta; bolo bom de Caminha, por Isabel Sousa e tarte merengada de lima e limão, por Nádia Fernandes Mealha, são as especialidades em destaque.   

 Para além da “A Hora do Meu Bolo”, há workshops para graúdos e miúdos. Para os mais pequenos as possibilidades são: ateliês mini-chef: “crepes e fruta, combinação maluca” e “vamos fazer gomas?” orientados por Pote d’El Rey. A participação é gratuita, contudo os interessados devem proceder à respetiva inscrição através do email cultura@cm-caminha.pt. Os adultos têm também a possibilidade de participar nos workshops orientados por Daniela Amorim “compota banana kiwi” e “compota abóbora courgette e cardamomo”.   O chocolate e as compotas estarão também em destaque nesta edição do certame com as apresentações “1001 formas de comer uma compota” a cargo de Daniela Amorim, e “Do cacau ao chocolate: a ponte entre a comida e a arte” com Ana Rute, da Flor de Cacau.   
Baile do Assalto e Desfile de Carnaval noturno marcam o Carnaval em Caminha  
 Para além de ser a capital dos doces, Caminha vai ser também a rainha do Carnaval com a realização do afamado Baile do Assalto e do Desfile/Concurso de Carnaval Noturno "A famosa cegada é o Carnaval em Caminha".   

 O Baile do Assalto que marcou gerações e que continua a ser uma das atrações da programação de Carnaval, vai encher o Valadares, Teatro Municipal de Caminha no dia 6 de fevereiro, a partir das 22 horas. Há prémios para as melhores fantasias. Os interessados já podem adquirir o bilhete através dos contactos: 962529348, 966827824, 966593776 e 933351013.   

 O Desfile de Carnaval Noturno “A famosa cegada é o Carnaval em Caminha”, vai preencher a programação da noite de 8 de fevereiro, cujo objetivo é atrair cada vez mais visitantes ao concelho, isto é, fazer com que Caminha integre os roteiros dos melhores Carnavais do país.  

 Nesta edição as expetativas são elevadas. São esperados milhares de pessoas para participar e assistir ao desfile. Os interessados em fazer parte desta “famosa cegada que é o Carnaval em Caminha” podem-no fazer em grupo/comparsa (composto por um mínimo de cinco elementos) ou individualmente (um único indivíduo disfarçado, ou até ao máximo de dois elementos). Recorda-se que há em “jogo” mais de três mil euros em prémios. As inscrições já estão a decorrer e podem ser feitas através do endereço cultura@cm-caminha.pt, embora possam ser efetuadas no próprio dia, na Praça Conselheiro Silva Torres.  

 São estas as propostas que o concelho tem a oferecer a quem o visitar nas mini férias que se aproximam. Estes eventos visam a dinamização do concelho, do comércio local e do turismo.

TUI

A Deputación de Pontevedra acolle a presentación do calendario do Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres 

Carmela Silva subliñou que este calendario, que inclúe tarefas educativas para facer en familia, "soamente podía ser iniciativa de mestras e mestres, impulsoras e impulsores das grandes ideas"


Infogauda / Tui

 A Deputación de Pontevedra acolleu a presentación do calendario do C.R.A. (Colexio Rural Agrupado) Mestra Clara Torres, de Tui, impreso pola imprenta da institución provincial. O calendario, que inclúe tarefas educativas para facer en familia incide este ano, como novidade, en establecer unha ponte de unión con Valença, ó estar redactado en galego e portugués.  

 A Presidenta da Deputación de Pontevedra subliñou que esta actuación "soamente podía ser iniciativa de mestras e de mestres, impulsoras e impulsores das grandes ideas" e aplaudiu o concepto do calendario que, ademais, "fomenta e impulsa a relación fluída xa existente nesta zona con Portugal". Por todo elo, a Deputación de Pontevedra colaborou co CRA Mestra Clara Torres de Tui a través da impresión de 200 unidades do seu calendario.  

 O calendario que elabora o CRA tudense ten como fin facer posible que a educación se converta nunha tarefa compartida e nun compromiso. Para elo, o calendario inclúe, entre outras cuestións, propostas de aprendizaxe para realizar en familia e que inclúen actividades para o tempo de ocio, procuras de tesouros, cine en familia, lecturas recomendadas para as nenas e os nenos, lecturas para adultos, educación ambiental e responsable, actividades para realizar en inglés, música recomendada e pautas de respiración para a mellora da fala.

PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra impulsa o Camiño Portugués da man dos concellos da provincia e das cámaras municipais de Portugal 

A institución provincial lidera, xunto con 13 concellos da provincia e 4 cámaras municipais do Norte de Portugal, o proxecto "Camiño Portugués: conservación e valoración do Camiño Portugués de Santiago. O patrimonio cultural e natural como factor de desenvolvemento económico", que opta a fondos da Unión Europea


Infogauda / Pontevedra

 A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto co deputado delegado de Cooperación, David Regades, deu a coñecer esta mañá o proxecto "Camiño Portugués: conservación e valoración do Camiño Portugués de Santiago. O patrimonio cultural e natural como factor de desenvolvemento económico". Este proxecto, liderado pola institución provincial e no que participan os 13 concellos da provincia (Tui, Salceda de Caselas, Mos, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures) e as 4 cámaras municipais do Norte de Portugal (Ponte de Lima, Paredes de Coura, Barcelos e Valença) polas que discorre o Camiño Portugués, opta aos fondos europeos INTERREG V-POCTEP, Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal. 

 Carmela Silva destacou que o Camiño Portugués "é un elemento fundamental na área de Galicia-Norte de Portugal, que agrupa un numeroso patrimonio cultural material e inmaterial, así como un rico patrimonio natural que constitúe un factor de desenvolvemento fundamental para esta zona, unha forma de entender o territorio que nos identifica e forma parte do que somos". Ademais, a presidenta subliñou que o turismo é un dos sectores con maior incidencia no desenvolvemento económico desta zona transfronteiriza, e o Camiño Portugués é "un escaparate do noso patrimonio que debemos impulsar para converter nunha ruta atractiva, segura e accesible".  

 O proxecto, cuxo orzamento ascende a máis de catro millóns de euros, parte da necesidade de protexer e promover o patrimonio cultural e natural mediante a cooperación, o traballo en rede de todos os axentes implicados e a innovación. Para iso baséase en estratexias de crecemento intelixente, sostible e integrador, apostando pola modernización e mellora continua dos servizos turísticos, incidindo na calidade e sostenibilidade para ser máis competitivos. En concreto, contémplanse accións para mellorar a información e os servizos que demanda o peregrino a través das novas tecnoloxías, de modo que o sector turístico estea máis capacitado para ser máis competitivo e atraer un maior fluxo de peregrinos e visitantes mediante unha comercialización adaptada ás distintas demandas. Pero tamén este proxecto comprende actuacións de protección e recuperación do patrimonio cultural e natural, a sinalización dos recursos e o incremento nun 25 % do número de turistas que percorren o territorio do proxecto. 

 Ademais, a través desta actuación preténdese reforzar a cooperación transfronteiriza, sensibilizar a poboación na protección do Camiño Portugués e converternos nun destino turístico de calidade. Para iso, entre outras cuestións, elaborarase un plan de mellora do Camiño Portugués para convertelo nunha ruta segura, accesible e atractivo; unha guía didáctica para escolares; unha axenda cultural; actuacións de promoción como unha páxina web, a Fair Way (feira do camiño), unha exposición itinerante, un foro sobre turismo sostible e unha workshop de creación e venda de produtos turísticos; e unha rede de traballo con estrutura operativa e estable de cooperación para protexer o Camiño Portugués.  

 O alcalde de Caldas, como rexedor do concello con maior número de quilómetros de Camiño Portugués na provincia de Pontevedra e en nome dos 13 concellos que participan no proxecto, subliñou o carácter do Camiño Portugués como "motor socioeconómico fundamental para as vilas polas que pasa, ademais dun factor de singularidade que nos identifica". Neste sentido, destacou a importancia de protexer o Camiño e aproveitou a ocasión para pedirlle á presidenta da Deputación que inste á Xunta de Galicia para que "repoña tramos do Camiño Portugués que hoxe, pese a ser ano Xubilar, se atopan en serias dificultades e en moi mal estado".  

 Pola súa banda, e en representación das cámaras municipais do Norte de Portugal, a edil María Elisa Azevedo Leite Braga manifestou a importancia deste proxecto "audaz e pioneiro, que nos permite preservar o Camiño Portugués de forma consistente, sostible e seria, potenciando todas as posibilidades de desenvolvemento dos territorios transfronteirizos". Ao mesmo tempo agradeceulle "á Deputación de Pontevedra que nos fixese partícipes deste proxecto, coa certeza de que no ano 2021 vamos a obter uns resultados fantásticos".  

 A presidenta da Deputación, Carmela Silva, pechou o acto de presentación do proxecto destacando a importancia de manter "vivo o espírito do Camiño para que nos permita que este territorio transfronteirizo no que vivimos sexa un territorio de oportunidades".

A GUARDA

OS VOSOS VÍDEOS

Palestra Iñaki Gil de San Vicente, no Centro Social Fuscalho
A lucecús arraiana

"Espanha, rompe-se?", palestra impartida por Iñaki Gil de San Vicente, durante o seu paso pola Galiza.

PONTEVEDRA

LAS FARMACIAS DE PONTEVEDRA INFORMARÁN A LA POBLACIÓN SOBRE EL VIRUS ZIKA 

• El Colegio de Farmacéuticos de Pontevedra ha puesto a disposición de los farmacéuticos de la provincia un informe técnico, elaborado por el Consejo General, sobre la enfermedad por el virus Zika para favorecer la información a los ciudadanos a través de la red de farmacias 


Pontevedra, 4 de febrero de 2016.- La Organización Mundial de la Salud (OMS) ha declarado emergencia mundial el brote del virus Zika, una enfermedad transmitida por un mosquito del género Aedes que presenta un cuadro clínico generalmente leve, caracterizado por fiebre y erupción maculopapular de intensidad variable. 

 Ante esta nueva emergencia sanitaria, el Colegio de Farmacéuticos de Pontevedra ha difundido a los farmacéuticos colegiados un informe técnico elaborado por el Consejo General con el fin de proporcionarles información científica y objetiva sobre el virus Zika. 

 Las 428 farmacias de la provincia de Pontevedra son establecimientos sanitarios a los que acuden cada día cientos de ciudadanos, por lo que constituyen una red fundamental para informar a la población sobre cuestiones de salud, y en este caso sobre la emergencia mundial declarada por el OMS. Por ello, la intervención de los farmacéuticos comunitarios en la formación e información a los ciudadanos es fundamental para proporcionar información fiable, rigurosa y objetiva, evitando alarmas y ofreciendo consejos relacionados con la prevención en los casos necesarios. 

 En relación con el tratamiento de la enfermedad por virus Zika, no existe ninguna vacuna preventiva, por lo que el tratamiento se centra en el control de los síntomas (dolor, fiebre y picores), por lo que el recurso farmacológico habitual son los analgésicos y los antihistamínicos. 

RECOMENDACIONES A VIAJEROS QUE VAYAN O VIVAN EN PAÍSES CON CASOS AUTÓCTONOS DOCUMENTADOS 

• A todos los viajeros: medidas eficaces de protección individual para evitar las picaduras de mosquitos durante todo el día, en particular a media mañana y a última hora de la tarde: 

 Empleo de repelentes (salvo en niños menores de tres meses). 

 Uso de ropa que recubra adecuadamente la piel (camisas de manga larga, pantalones largos, etc.). 

 Uso de insecticidas domésticos, etc. 

• A los pacientes con patologías de tipo inmune o enfermedades crónicas graves, consultar con el profesional médico la conveniencia o no del viaje. 

• A las mujeres que estén embarazadas o que pudieran quedar embarazadas, consultar con el profesional médico la conveniencia o no del viaje. 

• Los viajeros que experimenten síntomas de tipo gripal (fiebre, artralgia, cefalea, etc.) durante las tres semanas posteriores al regreso de las zonas con virus Zika, deberán consultar con su médico. 

• Las embarazadas que hayan viajado en algún momento de su embarazo a las zonas con virus Zika, deberán comunicárselo a su ginecólogo.

(R.)

GALICIA

A oferta pública de emprego da Xunta de Galicia para 2016 suma preto de 2.400 prazas, máis do dobre que o ano anterior 

O titular da Xunta indica que ás 818 prazas para diferentes categorías sanitarias e ás 1.112 xa anunciadas no ámbito da Educación, hai que engadirlle a oferta de prazas para persoal da Administración Xeral, outras 448 

Precisa que, do total destas prazas, 146 serán para persoal laboral no eido dos servizos sociais; outras 124, para reforzar a prevención e extinción de incendios; 22 prazas serán para especialistas en seguridade e saúde no traballo; 40 delas, para persoal no corpo de xestión, no corpo auxiliar e na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno; e as 116 restantes, para promoción interna 

Sinala que estas case 2.400 prazas de emprego público equivalen á oferta pública de emprego de cinco anos, desde 2010 a 2014 

Di que o obxectivo é finalizar as ofertas públicas de emprego que estaban en trámite en 2016 e avanzou tamén que se buscará levar a cabo as convocatorias das prazas de servizos sociais e de extinción de incendios antes do verán

O presidente da Xunta na rolda de prensa de Consello 
Foto: Ana Varela


Infogauda / Santiago de Compostela

 O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Oferta Pública de Emprego para 2016 suma case 2.400 prazas entre Sergas, Educación e Administración Xeral, é dicir, máis do dobre de prazas que as ofertadas no ano anterior.  

 Como sinalou o xefe do Executivo galego, a OPE do presente exercicio superará con creces o volume de todas as convocatorias acumuladas dos últimos anos. De feito, prevé ofertar 818 prazas de diferentes categorías sanitarias e ás 1.112 prazas xa anunciadas no ámbito da Educación.  

 A isto hai que engadirlle a oferta de prazas que se levou hoxe a Consello, outras 448 prazas para persoal da Administración Xeral, oferta que, como sinalou o presidente, será trasladada á mesa de negociación nas vindeiras datas.  

 Máis polo miúdo, Feijóo sinalou que, do total destas prazas, 146 serán para persoal laboral no eido dos servizos sociais, o que permitirá aumentar a estabilidade no emprego desta área e mellorar a prestación do servizo.  

 Por outra banda, outras 124 prazas irán destinadas a reforzar a prevención e extinción de incendios, sendo a primeira vez desde 2003 que se inclúe este servizo na oferta de emprego.  

 Ademais, por primeira vez na historia da autonomía, convocaranse 22 prazas de especialistas en seguridade e saúde no traballo.  

 Segundo o titular da Xunta, tamén se ofertarán 40 prazas no corpo de xestión, no corpo auxiliar e na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno, mentres que as 116 prazas restantes serán para promoción interna. 

 Como concluíu Feijóo, estas case 2.400 prazas de emprego público equivalen á oferta pública de emprego de cinco anos, desde 2010 a 2014. Así, unha vez que se acabou a limitación estatal do 10 por cento na taxa de reposición e que a Xunta empregou na súa totalidade, o Goberno galego agora está tratando de consolidar postos de traballo e de acadar que as persoas que tiñan contratos temporais ou de interinidade poidan ter opción a ser funcionarios de carreira da Comunidade.  

 O obxectivo, segundo engadiu, é finalizar as ofertas públicas de emprego que estaban en trámite en 2016 e avanzou tamén que se buscará levar a cabo as convocatorias das prazas de servizos sociais e de extinción de incendios antes do verán.

CAMINHA

Boletim da Sessão nº 231 

"O Atalante" de Jean Vigo (1934)

05 FEVERERO 21H45 AUDITÓRIO MUSEU MUNICIPAL DE CAMINHA

ATENÇÃO: Por engano da Locus Cinemae, Associção de Cinema de Caminha, as datas que constam no Boletim Municipal de Caminha para fevereiro não são as correctas: as sessões são sempre à sexta-feira e não à quinta-feira, como consta no Boletim. Pedimos desculpa pelo engano.

Locus Cinemae / Caminha





"Muitas vezes pensei em Corot diante dessas paisagens de águas, de árvores, de casas pequeninas na margem calma do rio e de barcos que caminham devagar à frente de suas esteiras de prata; a mesma composição impecável, força invisível porque senhora de si, equilíbrio de todos os elementos do drama visual na acolhida terna de uma aceitação total, pérola e ouro que recobrem com seu véu transparente a nitidez dos planos e a firmeza das linhas. E talvez, daí, eu tenha apreciado respirar, num quadro tão nítido, tão despido de empastes e empolamentos – clássico em suma – o espírito da obra de Jean Vigo, quase violento, em todo caso atormentado, febril, fremente de idéias e fantasia truculenta, um romantismo viruleento e mesmo demoníaco, mas sempre humano".   

Ëlie Faure, "Un Cinéaste-né: Jean Vigo, l’auteur de L’Atalante", 1934, apud Jean Vigo, Paulo Emílio Salles Gomes, Ed. Paz e Terra, RJ, 1984. 

FILMOGRAFIA de Jean Vigo (1905-1934):  
1929 - A Propos de Nice 
1931 - Taris 
1933 - Zéro de Conduite 
1934-40 - L’Atalante

Trailer de "O Atalante" de Jean Vigo

Programação:  
FEVEREIRO 2016 
Ciclo CINEMA FRANCÊS  

12 de fevereiro, “O Processo de Joana d’Arc”, Robert Bresson, 1962, França, Sessão 232 (M/12) 

19 de fevereiro, “Paris já está a arder?, René Clément, 1966, França, Sessão 233 (M/12) 

26 de fevereiro, “Made in USA”, Jean-Luc Godard, 1966, França, Sessão 234 (M/12)


O ROSAL

EMPREGO
O CONCELLO CONTRATARÁ 16 PERSOAS O ABEIRO DO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2016

Dentro do Plan de Práctica Laboral da Deputación tamén se convocaron dúas bolsas de traballo, unha para un titulado no Ciclo Superior de Administración e Finanzas e outra para un graduado en Arquitectura

Infogauda / O Rosal

 O Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra para o ano 2016, na súa liña destinada ó emprego, financiará a contratación de 16 desempregados/as para o concello do Rosal, a xornada completa, e por un distintos períodos que van dende os catro ós nove meses.  

 Mentres que a Deputación finanaciará os gastos salariais e de seguridade social, o Concello farase cargo dos gastos referidos ás liquidacións por fin de contrato, a formación en prevención de riscos laborais, a roupa de traballo e os equipos de protección individual necesarios, así como a vixiancia da saúde dos traballadores/as. Os/As traballadores/as que sexan contratados/as para realizar as obras ou prestar os servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas, non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros similares), inscritas na Oficina de Emprego de Tui. As ocupacións que o concello solicitará á Oficina de Emprego son as que seguen:       
CNO                    OCUPACIÓN
71211015    OFICIAIS 2ª ALBANEIS (7 postos: 4 durante oito meses e 3 durante 4 meses) 

94411010    MOZOS DE RECOLLIDA DE LIXO (5 postos: 2 durante nove meses, 2 durante oito meses e 1 durante catro meses)

84321042    CONDUCTORES DE CAMIÓN, EN XERAL (2 postos durante seis meses) 

94311020    ORDENANZA (1 posto durante oito meses) 

57101013    ASISTENTE DOMICILIARIO (1 posto durante oito meses)  

 A maiores, dentro do Plan de Práctica Laboral da Deputación tamén se convocaron dúas bolsas para o Concello do Rosal, en concreto, unha para un titulado no Ciclo Superior de Administración e Finanzas e outra para un graduado en Arquitectura.

A GUARDA

EMPREGO

A Guarda contrata 24 traballadores a través da Deputación de Pontevedra  

             Vista aérea do núcleo urbán da Praza do Reló         


Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal ven de facer público que "o Concello de A Guarda contrata a 24 traballadores desempregados a través da Deputación de Pontevedra e do Plan de Concellos 2016, Liña 4: “Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais”. A solicitude destes contratos xa chegou concedida.  

 Estes contratos serán de entre tres a nove meses e a maior parte deles a xornada completa".   
Postos solicitados  
 As mesmas fontes municipais indican que "A Guarda solicitou 24 traballadores con diferentes ocupacións e tempos. En xornada completa e por un período de nove meses  pediu tres peóns de vías e obras (96021013), un carpinteiro (71311049), un electricista (75101033), un tractorista (83211010), dous persoas para desbroce (95431028), dúas para limpeza viaria (94431016) e unha persoa de mantemento (71911012). 

 Durante oito meses búscase un animador sociocultural (37151038), sete meses un condutor de camión (84321042) e tres operarios de limpeza durante seis meses (83321151). 

 Por outro lado búscase un traballador para o Departamento de Cultura durante catro meses (37151038) e cuatro persoas para a limpeza de praias (94431016). 

 Por último búscanse tres peóns de vías e obras por tres meses (96021013).  

 Para poder participar neste proxecto selectivo as persoas deben estar anotadas no INEM nos códigos CNO escritos entre paréntese. Ademais os beneficiarios deben ser persoas desempregadas, non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego".

A GUARDA

DEPORTES

O SPORTING GUARDÉS RECIBE AO ERIZANA

Sábado día 6 de febreiro, ás 4:30 da tarde, no Campo Municipal da Sangriña


A GUARDA

Os nenos e nenas son protagonistas no Entroido guardés  

O desfile dos centros escolares será o venres a partir das 12 horas 

O luns haberá unha festa infantil con música e obradoiros de globoflexia e pintacaras  



Infogauda / A Guarda

 Os nenos e nenas son protagonistas no Entroido guardés. Son moitas e moi variadas as actividades programadas polo Concello da Guarda para que os rapaces e rapazas desfruten destas datas.  

 Este venres, día 5 de febreiro, serán os propios nenos e nenas dos diferentes centros escolares da vila os que darán o inicio o entroido de A Guarda. O desfile comezará ás 12 horas na Alameda, dende este punto pasearán pola Rúa Galicia ata chegar ao “O Galo”. Os rapaces e rapazas vestirán a vila cos seus coloridos disfraces.  

 O sábado pola mañá haberá unha nova sesión de “Contos Contados” na Biblioteca Municipal. Para completar esta actividade haberá tamén un obradoiro de máscaras de entroido, a partir das 11 horas. 

 Pola tarde, no Centro Cultural, se proxectará a película “Río2”. Todo neno e nena que se disfrace terá un pequeno agasallo.  

 O luns, día 8 de febreiro, é o propio “Día dos Nenos”. A Alameda se converterá nunha gran festa infantil na que, ademais de haber un dj que amenizará a tarde, haberá un obradoiro de pintacaras e outro de globoflexia. O horario é de 18 a 21 horas.  

 As actividades continuarán durante o resto das xornadas do Entroido.