CONVERXENCIA GALEGA CRITICA AO GRUPO DE GOBERNO POR DARLLE TRABALLO A UNHA XESTORÍA DE FORA
Celso R. Fariñas: "(...) Dende Converxencia Galega, consideramos que esa non é maneira de potenciar a economía de A Guarda (...)"
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, presentou no Concello de A Guarda (Rexistro de Entrada nº 640; Data de Rexistro: 02.02.2016), á seguinte interpelación:
MALESTAR
CO TROCO DE XESTORÍA
O recibir a derradeira nómina, o persoal do
Concello, atopouse cun troco de información nas mesmas, en diversos dos
conceptos e cantidades, que levou a que tiveran que facer distintas consultas.
Cando
tivemos coñecemento desta situación, non fomos capaces de averiguar se había
acontecido “algo” grave” que levara o retiro inmediato desta función, pero
conseguimos saber que de repente, se había dado a xestión da elaboración de
nóminas, contratos, liquidacións do Concello a outra empresa. Non sabemos se en
mellores condicións, pero, temos a sospeita de que presuntamente non se cumpliu
ca Lei de Contratos do Sector Público, pois consideramos que non se trata dún
contrato menor.
Así
mesmo, ainda que iso fora así, debería, ou facer convocatoria pública para
darlle claridade e trasparencia a dita concesión, e, tendo en conta que na
nosa localidade están funcionando e teñen oficina aberta, -pagando os impostos
municipais correspondentes- varias xestorías, haberlle feito a oferta para que
o que pagamos os veciños/as repercuta en primeiro lugar na nosa localidade, e
non a “dedocracia” darlle o servicio a unha doutra localidade, e “provocar” que
os traballadores, cando xurda algunha dúbida, teñan que desplazarse fora do noso
pobo.
Dende
Converxencia Galega, consideramos que esa non é maneira de potenciar a economía
de A Guarda, e si aquí non existía xestoría con capacidade de levar este tipo
de traballo, tamén se podría facer a oferta pública de emprego para un par de
administrativos, que desempeñaran esa función.
A
Guarda, a 21 de Xaneiro do 2.016
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Secretario Acctal.
Sra. Interventora
Sra. Tesoreira
Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario