Os nenos e nenas son protagonistas no Entroido guardés
O desfile dos centros escolares será o venres a partir das 12 horas
O luns haberá unha festa infantil con música e obradoiros de globoflexia e pintacaras
Os nenos e nenas son protagonistas no Entroido guardés. Son moitas e moi variadas as actividades programadas polo Concello da Guarda para que os rapaces e rapazas desfruten destas datas.
Este venres, día 5 de febreiro, serán os propios nenos e nenas dos diferentes centros escolares da vila os que darán o inicio o entroido de A Guarda. O desfile comezará ás 12 horas na Alameda, dende este punto pasearán pola Rúa Galicia ata chegar ao “O Galo”. Os rapaces e rapazas vestirán a vila cos seus coloridos disfraces.
O sábado pola mañá haberá unha nova sesión de “Contos Contados” na Biblioteca Municipal. Para completar esta actividade haberá tamén un obradoiro de máscaras de entroido, a partir das 11 horas.
Pola tarde, no Centro Cultural, se proxectará a película “Río2”. Todo neno e nena que se disfrace terá un pequeno agasallo.
O luns, día 8 de febreiro, é o propio “Día dos Nenos”. A Alameda se converterá nunha gran festa infantil na que, ademais de haber un dj que amenizará a tarde, haberá un obradoiro de pintacaras e outro de globoflexia. O horario é de 18 a 21 horas.
As actividades continuarán durante o resto das xornadas do Entroido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario