4 de feb. de 2016

O ROSAL

EMPREGO
O CONCELLO CONTRATARÁ 16 PERSOAS O ABEIRO DO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2016

Dentro do Plan de Práctica Laboral da Deputación tamén se convocaron dúas bolsas de traballo, unha para un titulado no Ciclo Superior de Administración e Finanzas e outra para un graduado en Arquitectura

Infogauda / O Rosal

 O Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra para o ano 2016, na súa liña destinada ó emprego, financiará a contratación de 16 desempregados/as para o concello do Rosal, a xornada completa, e por un distintos períodos que van dende os catro ós nove meses.  

 Mentres que a Deputación finanaciará os gastos salariais e de seguridade social, o Concello farase cargo dos gastos referidos ás liquidacións por fin de contrato, a formación en prevención de riscos laborais, a roupa de traballo e os equipos de protección individual necesarios, así como a vixiancia da saúde dos traballadores/as. Os/As traballadores/as que sexan contratados/as para realizar as obras ou prestar os servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas, non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros similares), inscritas na Oficina de Emprego de Tui. As ocupacións que o concello solicitará á Oficina de Emprego son as que seguen:       
CNO                    OCUPACIÓN
71211015    OFICIAIS 2ª ALBANEIS (7 postos: 4 durante oito meses e 3 durante 4 meses) 

94411010    MOZOS DE RECOLLIDA DE LIXO (5 postos: 2 durante nove meses, 2 durante oito meses e 1 durante catro meses)

84321042    CONDUCTORES DE CAMIÓN, EN XERAL (2 postos durante seis meses) 

94311020    ORDENANZA (1 posto durante oito meses) 

57101013    ASISTENTE DOMICILIARIO (1 posto durante oito meses)  

 A maiores, dentro do Plan de Práctica Laboral da Deputación tamén se convocaron dúas bolsas para o Concello do Rosal, en concreto, unha para un titulado no Ciclo Superior de Administración e Finanzas e outra para un graduado en Arquitectura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario