EMPREGO
A Guarda contrata 24 traballadores a través da Deputación de Pontevedra
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal ven de facer público que "o Concello de A Guarda contrata a 24 traballadores desempregados a través da Deputación de Pontevedra e do Plan de Concellos 2016, Liña 4: “Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais”. A solicitude destes contratos xa chegou concedida.
Estes contratos serán de entre tres a nove meses e a maior parte deles a xornada completa".
Postos solicitados
As mesmas fontes municipais indican que "A Guarda solicitou 24 traballadores con diferentes ocupacións e tempos. En xornada completa e por un período de nove meses pediu tres peóns de vías e obras (96021013), un carpinteiro (71311049), un electricista (75101033), un tractorista (83211010), dous persoas para desbroce (95431028), dúas para limpeza viaria (94431016) e unha persoa de mantemento (71911012).
Durante oito meses búscase un animador sociocultural (37151038), sete meses un condutor de camión (84321042) e tres operarios de limpeza durante seis meses (83321151).
Por outro lado búscase un traballador para o Departamento de Cultura durante catro meses (37151038) e cuatro persoas para a limpeza de praias (94431016).
Por último búscanse tres peóns de vías e obras por tres meses (96021013).
Para poder participar neste proxecto selectivo as persoas deben estar anotadas no INEM nos códigos CNO escritos entre paréntese. Ademais os beneficiarios deben ser persoas desempregadas, non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego".
Ningún comentario:
Publicar un comentario