CONVERXENCIA GALEGA INSTA AO ALCALDE A QUE TOME MEDIDAS
Por haber nomeado como Concelleiro Delegado no Consello Escolar do Colexio Manuel Rodríguez Sinde, ao 1º Tenente Alcalde, Miguel A. Español Otero, e non ten acudido a ningunha reunión
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
O concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de facer público o contido da comunicación (Rexistro de Entrada nº 639; Data de Rexistro: 02.02.2016), que presentou no Concello de A Guarda, e no que dí o seguinte:
Asunto: ASISTENCIA O CONSELLO ESCOLAR
O inicio desta lexislatura, por medio de Decreto, o Sr. Alcalde, nomeou dentro do seu Equipo de Goberno, os Concelleiros/as Delegados/as nos Consellos Escolares.
No caso concreto, no centro educativo “Manuel Rodríguez Sinde”, foi nomeado o 1º Tte. Alcalde, Sr. Miguel A. Español Otero, concelleiro liberado e con dedicación exclusiva, ou o que é o mesmo, pagado con diñeiro de tódolos/as veciños/as de A Guarda, quen, cando xa se teñen celebrado varias xuntanzas, os membros do Consello Escolar, nos informan que algún/has nin o coñecen, porque ata o día de hoxe, non ten acudido a ningunha reunión, polo que consideramos que o Sr. Alcalde, debe tomar as medidas que sexan precisas para que desempeñe as súas obrigas, e dende Converxencia Galega queremos manifestar a nosa máis enérgica protesta pola súa deixadez e abandono de funcións, especialmente no principio de curso, que é cando máis se trata dos problemas e deficiencias das instalacións e se buscan alternativas para arranxalos no menor tempo posible, para mellorar a calidade da estancia dos menores nas aulas, así como tamén o máximo confort para eles e o profesorado, que axudará no obxetivo de de mellor educación, polo que queremos reprobalo públicamente por non cumplir seus compromisos e responsabilidades municipais, polos que cobra con cartos públicos.
A Guarda, a 02 de Febreiro do 2.016
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Secretario Acctal.
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario