18 de xan. de 2016

TUI

ANDAINA POLAS PARROQUIAS DE GUILLAREI E PARAMOS

Será o domingo día 31 de xaneiro, ás 9:00 h, desde a Ponte Romana (Guillarei)

Preto de Rebordans
Foto: Club Deportivo Andatui Regodapedra

Club Deportivo Andatui Regodapedra/ Tui

 O próximo día 31 de xaneiro, saíndo ás 9:00 da Ponte Romana ó carón da depuradora onde deixaremos os coches, organizamos a primeira andaina do ano polas parroquias de Guillarei e Paramos.  

 Un paseo de 11,3 quilómetros e unha subida de 124 m. de desnivel, levarannos polas riveiras de Guillarei, o monte das Penizas en Paramos e voltaremos á Ponte Romana.  Pasa unha mañán diferente coñecendo unha parte do concello de Tui.

 Rogamos puntualidade.  

 Podedes ver a ruta aquí.  

¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!  

 Para participar, apuntádevos aquí.

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN A CREACIÓN DE UN LIBRO DE REXISTRO DO PLANEAMENTO URBANÍSTICO DO MUNICIPIO

Celso R. Fariñas: "(...) Si hubera existido este Rexistro e serviría (servirá) como fonte informativa ante calquer consulta cidadá (...)"

 Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, ven de presentar no Concello de A Guarda (Rexistro de Entrada nº 0189), á seguinte proposta:                        

LIBRO-REXISTRO DO  PLANEAMENTO URBANÍSTICO  

 Tendo en conta que o Real Decreto 2159/1978, de 23 de xuño, polo que se establece o Regulamento do Planeamento Urbanístico, publicado no B.O.E. nº 221 de 15 de setembro do 1978, vixente dende o 05.10.1978, e revisión vixente dende o 24 de decembro do 2.014, que no seu artigo 166, que sinala: “(...) en los ayuntamientos se llevará un Libro-Registro, debidamente autenticado en el que se incribirán todos los acuerdos de aprobación definitiva de los Planes Generales, Planes Parciales, Planes Especiales, Programas de Actualización Urbanística, Estudios de Detalle, Normas Complementarias y Subsidiarias del Planeamineto, Proyectos de Delimitación de Polígonos y Unidades de Actuación, proyectos de Reparcelación y Proyectos de Compensación, así ACUERDOS DE REVISIÓN Y MODIFICACIÓN DE LOS MISMOS. TAMBIÉN SE INSCRIBIRÁN LAS RESOLUCIONES ADMINISTRATIVAS Y SENTENCIAS QUE AFECTAREN A DICHOS INSTRUMENTOS URBANÍSTICOS (...)”.

 Dada a problemática existente co urbanismo municipal, que presumiblemente se huberan evitado en gran parte si hubera existido este Rexistro e serviría (servirá) como fonte informativa ante calquer consulta cidadá, para que non se volvan a repetir este tipo de situacións, provocadas pola indefensión xurídica en moitos dos casos.

 Dende Converxencia Galega vimos a solicitar, que de non existir dito Libro-Rexistro, se tomen as medidas oportunas para polo en funcionamento no menor tempo posible e que sirva de axuda a información e control municipal, así como tamén para protexer o dereito de terceiros, que de boa fé que vaia a mercar casa ou piso na nosa localidade.

A Guarda, a 13 de Xaneiro  do 2.016  

Celso R. Fariñas    
     
Concelleiro de Converxencia Galega


Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Secretario Acctal. 
Sr. Concelleiro de Urbanismo
Concello de A Guarda 

GALICIA

A Policía Autonómica levou a cabo no que vai de ano 615 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores 

As inspeccións derivaron en 19 denuncias por infraccións á Lei 11/2010 de prevención de bebidas alcohólicas en menores de idade

Foron realizados inspeccións a establecementos nas catro provincias galegas

Infogauda / Santiago de Compostela

 O Grupo de Menores da Policía Autonómica levou a cabo no que vai deste ano un total de 615 inspeccións da que se derivaron un total de 19 denuncias por infraccións á Lei 11/2010 de prevención de bebidas alcohólicas en menores de idade.  

 Co motivo da entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, por parte da Policia Autonómica, estanse a levar a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.  

 Do total de denuncias tramitadas, 11 foron á establecementos, pola venda e subministro de alcol á menores de idade, permitir a entrada ou estancia de menores no seu interior, nos casos en que non está permitida e nas promocións e “happy hours” ou nas ofertas ou promoción á baixos prezos das bebidas alcohólicas que incitan a un consumo abusivo. 

 Tamén ás infraccións en tema de carteleira, sobre á sinalización da prohibición de subministro de alcol á menores. Do total das denuncias tramitadas, 8 foron á menores de idade por consumo de alcol no interior de establecementos ou na vía pública. Todas as denuncias efectuadas foron tramitadas ante a Consellería de Sanidade para continuar co expediente sancionador  
Dispositivos nas catro provincias  
 Os concellos nos que se levaron a cabo os dispositivos foron A Coruña, Ames, Caldas de Reis, Camariñas, Cambre, Dodro, Láncara, Lugo, Monforte de Lemos, Muxía, Oleiros, Oroso, Ourense, Poio, Pontevedra, Rábade, Redondela, Rianxo, Ribadeo, Ribeira, Santiago de Compostela, Vigo, Vilalba, Vimianzo e Zas  

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

CARMEN Mª FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ (XOGADORA E CAPITANA DO EQUIPO FEMININO DO CLUB A GUARDA HOCKEY LIÑA): "SEGUIREMOS A COMPETIR LONXE DA GUARDA, SEN PERDER NUNCA ÁS GAÑAS DE APRENDER E MELLORAR"

Carmen María Fernández Rodriguez xogadora do equipo A Guarda Hockey Liña e capitana do equipo feminino
Fotos: A.H.L.


Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 Carmen María Fernández Rodríguez xogadora do equipo A Guarda Hockey Liña e capitana do equipo feminino coméntanos a súa valoración da primeira Sede de Liga Galega de Hockey Liña desputada este domingo en Lugo.   

 "O noso equipo é un grupo moi novo - afirma Carmen María Fernández -, de feito é o segundo ano que competimos a nivel rexional. Temos un conxunto formado por rapazas con idades comprendidas entre os catorce e os trinta e oito anos. Connosco compiten cinco rapazas da cidade da Coruña, do clube CHL Brigantium.

  Equipo feminino do club A Guarda Hockey Liña

 Comezamos esta temporada da Liga Galega de Hockey Liña enfrontándonos ó CHL Lóstregos da cidade de Lugo, un rival de maior entidade e experiencia que nós, xa que xogan na Liga Ouro Nacional.   

 A diferenza de nivel era algo obvio e íamos a este partido desexando aprender e sacalo máximo proveito posible. Xogábamos co hándicap engadido de haber quedado sen porteira, xa que a porteira habitual deixou o equipo por motivos personais. Esta circunstancia non nos botou atrás, e unha das xogadoras sen experiencia na portería enfundouse as proteccións de porteiro e con toda a valentía do mundo púxose baixo a portería do pavillón Daniel Cordido de Lugo.

 Foi un partido intenso no que pelexamos dende o primeiro o derradeiro minuto, e no que a pesares de ir por detrás no marcador durante todo o tempo de xogo non perdemos endexamais as gañas de loitar e competir.

 Perdemos por dez a cero, pero coma xogadora e capitana de A Guarda Hockey Liña podo decir en letras maiúsculas que estou moi orgullosa de todas e cada unha das xogadoras que forman este grupo. Seguiremos a competir lonxe da Guarda, sen perder nunca ás gañas de aprender e mellorar".

A GUARDA

Bases do Desfile-Concurso de Entroido 2016 

 O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza o Desfile-Concurso de Entroido 2016. O entroido é unha festa de carácter tradicional e a Concellería, para a súa celebración promove un desfile-concurso co obxectivo de manter a tradición local a través da participación de tódolos veciños da localidade.  

 Así preséntanse unhas bases nas que se contemplan ata cinco modalidades diferentes de participación e unha ampla variedade de premios.

DESFILE-CONCURSO ENTROIDO 2016 
BASES 

1ª OBXECTO 

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza o Desfile- Concurso de Entroido 2016. O Entroido é unha festa de carácter tradicional celebrada a nivel mundial con diferentes manifestacións locais. A Concellería de Cultura da Guarda promove a celebración de dito desfile concurso co obxectivo de manter a tradición local desta festa tradicional a través da participación de tódolos veciños da Guarda. É por elo que presenta as seguintes bases nas que se contemplan ata cinco modalidades diferentes de participación, e unha ampla variedade de premios. 

2ª LUGAR E DATA 

O Desfile- Concurso se celebrará o vindeiro Martes de Entroido, 9 de febreiro de 2016, con saída ás 17:30h. da Praza de San Bermardo (“Esquina Famosa”) co seguinte percorrido: Praza de San Bernardo- Rúa Galicia- Avda.Rosalía de Castro- Alameda. En caso de choiva quedaría aprazado para o domingo 14 de febreiro de 2016 

3ª PRAZO E FORMA DE INSCRICIÓN 
O prazo de inscrición será entre os días 25 de xaneiro ó 3 de febreiro de 2016 , ambos incluídos, en horario de 9 a 14h. de luns a venres e sábados de 10 a 13h. A solicitude de participación farase no impreso correspondente (ANEXO I), que se atopa dispoñible nas oficinas do Concello da Guarda e na páxina web www.aguarda.es, adxuntando á mesma a documentación necesaria (BASE CUARTA) no Rexistro Xeral do Concello dentro do prazo e horario establecidos. Poderán remitirse inscricións por vía postal, selladas na oficina de Correos sobre o propio impreso de solicitude, de xeito que quede constancia da entrega dentro do prazo establecido. Para garantir este feito, rógase adiantar por fax a copia da solicitude sellada na oficina de Correos. Ó igual que o resto de solicitudes, só terán validez se van acompañadas da documentación requerida. 

4ª DOCUMENTACIÓN NECESARIA 
Para ser efectiva a inscrición, xunto co formulario de inscrición entregarase a seguinte documentación:  Maiores de idade: Fotocopia do DNI  Menores de idade: Fotocopia do DNI da nai, pai, titor/a e a autorización para participar no concurso (ANEXO II) En caso de: Grupos, carrozas e comparsas: Só se presentará o DNI da persoa representante e se indicará o número de participantes. Os integrantes menores de idade entregaran unha autorización do pai, nai ou titor/a por cada menor, non sendo necesario a copia do DNI de cada un deles. Cando tódolos integrantes sexan menores, o representante do grupo será un dos pais. Asociacións: Cando o participante sexa unha asociación deberá entregar un documento acreditativo da mesma (estatutos) 

5ª MODALIDADES E CATEGORÍAS 
Poderáse participar no Desfile- Concurso baixo as seguintes categorías: 
1. CARROZAS: Grupo de polo menos 6 persoas representando algún tema enriba dun ou varios móbiles (carro, tractor, motocultor…) O condutor poderá ou non ir incluído, deixándose a criterio dos participantes. 
2. COMPARSAS: Grupo mínimo de 10 persoas 
3. GRUPOS: Grupo composto por un mínimo de 4 e un máximo de 9 persoas 
4. INDIVIDUAL: Inclúense nesta modalidade, ademais dos disfraces individuais, os conxuntos formados por ata 3 persoas, cuxos traxes compartan unha mesma temática. Esta modalidade divídese en dúas categorías: INDIVIDUAL ADULTO, a partir dos 13 anos de idade INDIVIDUAL INFANTIL, ata os 12 anos de idade No caso de parellas ou tríos na que un dos participantes teña máis de 12 anos considerarase na categoría xuvenil- adulto 

6ª AXUDAS POR PARTICIPACIÓN 
Prevese unha axuda económica dunha contía fixa de 200€ ós participantes nas categorías de COMPARSA e CARROZA, como compensación polo traballo e esforzo que supón a elaboración do correspondente atrezzo e traxes de entroido. Terán dereito a axuda económica as 10 primeiras carrozas e/ou comparsas que se inscriban, coa salvedade de que nunca unha comparsa ou carroza do concello da Guarda quedará sen inscribir. Todas as comparsas e carrozas anotadas, entrarán na modalidade de concurso, teñan ou non a axuda por participación. 

7ª PREMIOS 
Os premios e axudas por participación impútanse a aplicación orzamentaria n.º 334-48 e serán os seguintes: 

COMPARSAS                     CARROZAS
1º PREMIO: 250€             1º PREMIO: 250€ 
2º PREMIO: 150€             2º PREMIO: 150€


 GRUPOS:                                INDIVIDUAL ADULTO:       INDIVIDUAL INFANTIL:
1º PREMIO: 150€       1º PREMIO: 90€    1º PREMIO: 90€ 
2º PREMIO: 90€         2º PREMIO: 70€    2º PREMIO: 70€
3º PREMIO: 80 €        3º PREMIO: 50 €   3º PREMIO: 50 € 
4º PREMIO: 50€         4º PREMIO: 30€    4º PREMIO: 30€
5º PREMIO: 50€         5º PREMIO: 30€    5º PREMIO: 30€
6º PREMIO: 50€         6º PREMIO: 30€    6º PREMIO: 30€


 Poderán ser beneficiarios dos premios as asociacións legalmente constituídas e as persoas físicas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións. 

8ª XURADO E CUALIFICACIÓN 

A cualificación en cada unha das modalidades e categorías será determinada polo Xurado do Concurso, que estará formado por un Presidente e dous vogais, en representación das entidades socioculturais de A Guarda, nomeados pola Concellería de Cultura. 
O xurado na súa avaliación terá en conta os seguintes factores: orixinalidade da proposta, posta en escena, maquillaxe e vestiario. 
Unha vez feita a avaliación polo Xurado, farase público o resultado no acto de entrega de premios. 
O xurado poderá declarar deserto algún dos premios. 
O xurado terá a capacidade de determinar se os inscritos cumpren as condicións propias en cada categoría. 
A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sendo a decisión do Xurado inapelable. 

9ª SAÍDA E COLOCACIÓN PARA O DESFILE- CONCURSO 
A hora prevista para o inicio do desfile é as 17:30 horas do Martes 9 de Febreiro. 
Os participantes no desfile teñen entre as 16.30h. e as 17h. para colocarse nos seus postos de saída, que serán determinados polo persoal da Concellería de Cultura. 
As 17h. o xurado fará unha primeira revisión para coñecer a tódolos participantes . Non estar situado no posto asignado no momento da saída poderá ser motivo para a descalificación do concurso. 

10ª COBRO DOS PREMIOS E AXUDAS POR PARTICIPACIÓN 
Para proceder ó cobro, tanto das axudas como dos premios, os interesados deberán achegar a seguinte documentación nun prazo de 15 días trala celebración do desfile: 
 Certificado de Titularidade da conta bancaria a nome do premiado (expedida pola entidade), ou fotocopia compulsada da libreta. En caso dos menores de idade, o titular deberá ser o pai, nai ou titor que autorizou a participación ou que foi coma representante do grupo. 
 Fotocopia compulsada do DNI do premiado ou do seu pai, nai ou titor/a 
 Fotocopia da inscrición no desfile. En caso de participación de menores, deberán achegarse as autorización de participación no desfile. 
 Declaración responsable de non estar incurso en incapacidades e prohibicións coa Administración para a percepción de subvencións, así como de estar ó corrente coas obrigas tributarias, co Estado, Xunta de Galicia, Concello de A Guarda e Seguridade Social.. (Impreso dispoñible no Concello) Co fin de axudar e axilizar a tramitación, a documentación necesaria que xa fora aportada ó Departamento de Cultura para inscrición no desfile non haberá que achegala novamente. 
O Departamento de Cultura será o responsable de levantar acta co fallo do xurado, e remitirá un informe ó Servizo de Intervención coa relación de tódolos participantes no Concurso.
O Concello resérvase o dereito para a captación e difusión das imaxes do desfile para fins de publicidade e promoción. A Concellería de cultura quere animar á xente da vila da Guarda, con especial mención ós nosos nenos a participar no desfile de Entroido, aínda que non sexa na modalidade concurso. 

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA O ADECENTAMENTO DUNHAS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS


Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, ven de presentar no Concello de A Guarda, en data 12.01.2016, e Rexistro de Entrada nº 0191, á seguinte interpelación:

MEDIDAS DE SANEAMENTO E RESPONSABILIDADE LABORAL

 O longo dos últimos meses do derradeiro ano, a diversas horas da mañán, os/as traballadores/as contratadas con subvención da Deputación para os servizos de limpeza de rúas, especialmente cando lles correspondía a zona próxima a igrexa parroquial e do concello, acudían o noso local, para facer uso dos urinarios.

 Unha vez cumplido o contrato que tan a “bombo e platillo” pregonou a Deputada Provincial de Traballo e concelleira na nosa localidade, recibimos a información e explicación da situación real do que estivo acontecendo –seguramente dende fai moito tempo- no espazo “dedicado a vestiarios” das dependencias municipais da rúa Manuel Lomba, que polas explicacións recibidas, especialmente polas mulleres, do estado de suciedade e abandono que amosan, así como tamén a carencia de auga nos mesmos, así como o deterioro dos armarios garda-roupas.

 Dende Converxencia Galega, vimos a solicitar, por unha banda, a inmediata actuación das centrais sindicais para que esixan que se adecenten e respeten os dereitos laborais dos/as traballadores/as as que facemos referencia, e pola outra, que o Concello, intervindo principalmente os dous “expertos e ex-delegados sindicais que forman parte do Equipo de Goberno Municipal, para que se impartan as órdenes oportunas para que se sanee e adecente este espazo, para que poida ser usado nas mellores condicións posibles.

 Esperamos que unha vez máis, por parte do Equipo de Goberno, asuman as súas responsabilidades políticas, e que para tapar a súa deixadez e irresponsabilidade, non “maten o mensaxeiro” e fagan acusacións interesadas dirixidas hacia os/as traballadores/as municipais, especialmentes os/as responsables e encargados dos mesmos.                                                                                                                                                                                    
A Guarda, a 11 de Xaneiro  do 2.016
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega

Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Secretario Acctal.       
Concello de A Guarda 

GALICIA

A Consellería do Medio Rural potenciará a figura do cabalo de pura raza galega coa creación dun banco de xermoplasma 

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias reuniuse con representantes da Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga) 

A Xunta comprometeuse a renovar o convenio de colaboración para desenvolver un proxecto piloto de cría, tipificación e testaxe de poldros desta raza autóctona

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, reuniuse esta tarde con representantes da Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga)

Infogauda / Santiago de Compostela

 A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, comprometeuse esta tarde con representantes da Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga) á creación dun banco de xermoplasma desta raza autóctona.  

 Con esta iniciativa, a Consellería do Medio Rural reafirma o seu compromiso e dedicación polas razas autóctonas galegas, poñendo a disposición desta asociación o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (Fontefiz) para a posta en marcha dun banco de semen e embrións da raza cabalo galego.  

 Así mesmo, a directora xeral manifestoulle aos presentes a intención do seu departamento de renovar o convenio de colaboración -existente desde o ano 2010- para desenvolver un proxecto piloto de cría, tipificación e testaxe de poldros de raza equina Cabalo de Pura Raza Galega. Ao longo da xuntanza, Belén do Campo notificoulles tamén que serán beneficiarios das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas, cunha achega de 16.700 euros por levar a cabo, entre outras cousas, a xestión do libro xenealóxico desta raza.  
Puraga 
 A Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga) é unha asociación sen ánimo de lucro, creada no ano 2005, con ámbito de actuación en todo o territorio de Galicia e sendo a encargada de xestionar o libro xenealóxico desta raza.  

 Os obxectivos primordiais desta asociación son preservar o patrimonio xenético para xeracións vindeiras; integrar, representar, defender e promover os intereses dos criadores desta raza e controlar o a inscrición e rexistro no libro xenealóxico.  

 Pola súa parte, a Consellería do Medio Rural apoia a través de distintos convenios e axudas este tipo de organizacións, xa que a conservación das razas autóctonas de Galicia están directamente relacionada coa preservación de ecosistemas e pastos, ademais de ser un valor engadido dos nosos produtos e un identificador da nosa cultura e patrimonio.

PONTEVEDRA

O PP provincial solicita que a Consellería do Mar consensúe a Lei de Acuicultura e abra un período de consultas cos distintos axentes do sector do mar 

Ángel Moldes Martínez, deputado provincial do Grupo Provincial do Partido Popular

Infogauda / Pontevedra

 O Grupo Provincial do Partido Popular ven de presentar unha moción na Deputación para o seu debate no próximo pleno no que solicita que a Consellería do Mar consensúe a tramitación da Lei de Acuicultura de Galicia e que abra un período de consultas cos distintos axentes do sector, para garantir que o texto definitivo da Lei recolla o máis fielmente posible as aspiracións da xente do mar de Galicia. 

 O deputado provincial, Ángel Moldes Martínez, considera que “esta Lei, pioneira deste ámbito en Europa, asegura o futuro da industria acuícola, articulando o aproveitamento sostible e eficiente dos recursos mariños, reforzando as competencias da Consellería do Mar no marco dunha xestión eficaz do sector e sentando as bases para que esta industria poida acadar todo o seu potencial”.  

 Nesta liña, o voceiro popular di entender a importancia da industria acuícola, do emprego e a riqueza que xenera e as súas potencialidades para o futuro así como a necesidade dunha regulación que permita aproveitalas, pero “no PP constatamos ademais a fonda preocupación que existe entre as xentes do mar da nosa provincia, polo que consideramos que sería de proveito consensuar o texto e iniciar unha fase de consultas con todos os axentes do sector, a fin de mitigar as inquedanzas dos interesados e achegar posturas para acadar unha lei de Acuicultura e un posterior desenvolvemento regulamentario dialogado e consensuado co sector”.

OIA

CORES TOURÍS ANUNCIA EN OIA QUE A XUNTA DESTINA 12 MILLÓNS DE EUROS PARA AXUDAR A LOITAR CONTRA O LUME E AO FOMENTO DA SILVICULTURA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA  

         O delegado territorial da Xunta visitou hoxe as comunidades de Burgueira, Loureza e Barrantes, as que calificou como un exemplo de traballo en pro da recuperación dos montes e a prevención dos incendios forestais  

         As 3 novas liñas ofrecerán subvencións para o fomento da silvicultura, a reforestación, os investimentos en tecnoloxías forestais e a prevención dos danos causados aos bosques por incendios  

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá, acompañado do xefe territorial de Medio Rural, Miguel Pérez Dubois, as comunidades de Burgueira, Loureza e Barrantes, nos concellos de Oia e Tomiño


Infogauda / Oia 

 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá, acompañado do xefe territorial de Medio Rural, Miguel Pérez Dubois, as comunidades de Burgueira, Loureza e Barrantes, nos concellos de Oia e Tomiño, co obxectivo de trasladarlles a publicación de 3 liñas de axudas para a loita contra os incendios, a reforestación e o fomento da silvicultura.  

 En total, segundo destacou Cores Tourís, a Xunta destinará 12 millóns de euros a estes fins, destacando a estas tres comunidades de montes do Baixo Miño como un exemplo de traballo para a recuperación dos montes e a prevención contra o lume.    

 Deste xeito, a Xunta de Galicia publicou o pasado 30 de decembro tres liñas de axudas relativas a loita contra os incendios forestais. A primeira delas, está destinada á produción forestal, neste caso, para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, cun orzamento de 6 millóns de euros, o dobre que no 2015. A esta liña poden acollerse os interesados na realización de prácticas preventivas que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal, e tamén aqueles interesados na posta en marcha de tratamentos silvícolas. 

 Os beneficiarios desta nova liña serían tanto as Sofor como os propietarios particulares ou as cooperativas agrarias e comunidades de montes veciñais en man común.  

 Na mesma data, tamén se publicaron as axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais, cun orzamento de 2,5 millóns de euros, e cos mesmos beneficiarios. O obxectivo destas subvencións son os gastos de plantación forestal e de área de defensa contra incendios forestais, así como as infraestruturas de acompañamento ou obras complementarias das novas forestacións.   

 E finalmente, tamén o 30 de decembro publicáronse as axudas para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e Sofor, cun orzamento de 3,5 millóns de euros.   

 As tres comunidades de montes levaron a cabo diversas labores de roza mecanizada en camiños, cotalumes, construción de punto de auga e execución de faixas auxiliares, nas que a de Burgueira (que conta con 2.057 hectáreas) investiu nos últimos anos 35.208 euros; a de Loureza (con 1.809 hectáreas), 152.500; e a de Barrantes (con 1.161 hectáreas), 88.500.    

Cores Tourís cos representantes das comunidades de Burgueira, Loureza e Barrantes

 Cores Tourís destacou estas tres comunidades de montes como exemplo de traballo e xestión do monte, xa que, ademais das labores de prevención e mantemento do mesmo, con brigadas propias no monte, tamén apostan pola diversificación da produtividade do mesmo, destinando por exemplo Burgueira hectáreas para a plantación de kiwis, Loureza para oliveiras e Barrantes implantando rabaños de ovellas a través do asociacionismo veciñal.  

 A maiores, o responsable territorial da Xunta en Pontevedra tamén quixo destacar a consecución por parte das comunidades de Barrantes, Burgueira, Pinzás e Mañufe da certificación FSC, o que permitiu poñer en marcha un proxecto de trazabilidade da madeira e un plan de explotación conxunta do monte ao longo de 3.350 hectáreas que garante unha marca de calidade.  

 José Manuel Cores Tourís destacou que nesta provincia, a Consellería de Medio Rural, destinou en 2015 máis de 4,3 millóns de euros a investimentos contra incendios, actuándose sobre case 6.000 hectáreas.  “A Xunta investiu directamente 690.000 euros na apertura e mellora de cortalumes, na construción de 23 puntos de auga, na melora de pistas forestais, de postos de vixilancia e na execución de tratamentos silvícolas preventivos”, explicou Cores Tourís, engadindo que, ademais, destináronse 2,5 millóns de euros á comunidades de montes de cara a que executaran tarefas similares para recuperar o monte e previr lumes.  

 Finalmente, a Xunta tamén destinou case 2,9 millóns de euros en investimentos de silvicultura, forestación e execución de traballos en montes conveniados, de cara a manter o monte limpo e recuperar as zonas máis castigadas polos incendios.   

A GUARDA

Unha peregrinación de 195 portugueses pasan polo termo municipal de A Guarda facendo o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal  

Os peregrinos foron recibidos polo alcalde guardés, Antonio Lomba baz, e desfrutaron dunha parada gozando das vistas que presenta o porto da vila  

O alcalde Antonio Lomba Baz - en primeiro termo, segundo pola esquerda - saúdando o numeroso grupo de peregrinos procedentes da cidade de Porto e arredores.
Fotos: C.A.G.

 Infogauda / A Guarda

  Ainda que desde algunha institución non se lle está dando á difusión que merece, en pé de igoaldade con outras rutas xacobeas, o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal, que procedente de Portugal, cruza o río Miño e continúa por Camposancos, A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán e Vigo, para chegar a Redondela, onde conflúe co denominado Camiño Portugués, para continuar en dirección a cidade de Santiago de Compostela; á realidade e que o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal, está sendo unha ruta revelación. Decimos isto, porque desde seu recoñecemento oficial por parte do Goberno de Galicia, son moitos os peregrinos que adoitan facer esa ruta, tanto en dirección á Compostela, como desde esa cidade en dirección a A Guarda.

 Do éxito do Camiño Portugués pola Costa ou Monacal, é unha óptima testemuña o feito de que o sábado, día 16 de xaneiro, chegase ata o municipio de A Guarda unha peregrinación de 195 portugueses, procedentes da cidade de Porto e arredores. Seguindo o Camiño Portugués pola Costa ou monacal, eses peregrinos, na súa ruta xacobea por etapas ata Santiago de Compostela, fixeron o traxecto desde A Pasaxe (Camposancos) ata Oia. 

Os peregrinos, na Praza da IIª República, atendendo ás espricacions que lles da o alcalde de A Guarda

 Desde Caminha, os case douscentos camiñantes colleron o ferry  "Santa Rita de Câssia", que une a vila portuguesa con Camposancos (A Guarda). Na Praza da IIª República (A Pasaxe) os esperaba o alcalde guardés, Antonio Lomba Baz, quen lles deu a benvida e non dubidou en desexarlles un bo camiño.  

 Os peregrinos percorreron a ribeira do Miño ata a desembocadura e a continuación á Senda Litoral ata chegar ao porto de A Guarda, onde gozaron dunha parada de reagrupamento gozando das vistas que presenta, para despois continuar coa súa andanza. Dende este punto seguiron a súa viaxe ata Oia.