18 de xan. de 2016

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

CARMEN Mª FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ (XOGADORA E CAPITANA DO EQUIPO FEMININO DO CLUB A GUARDA HOCKEY LIÑA): "SEGUIREMOS A COMPETIR LONXE DA GUARDA, SEN PERDER NUNCA ÁS GAÑAS DE APRENDER E MELLORAR"

Carmen María Fernández Rodriguez xogadora do equipo A Guarda Hockey Liña e capitana do equipo feminino
Fotos: A.H.L.


Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 Carmen María Fernández Rodríguez xogadora do equipo A Guarda Hockey Liña e capitana do equipo feminino coméntanos a súa valoración da primeira Sede de Liga Galega de Hockey Liña desputada este domingo en Lugo.   

 "O noso equipo é un grupo moi novo - afirma Carmen María Fernández -, de feito é o segundo ano que competimos a nivel rexional. Temos un conxunto formado por rapazas con idades comprendidas entre os catorce e os trinta e oito anos. Connosco compiten cinco rapazas da cidade da Coruña, do clube CHL Brigantium.

  Equipo feminino do club A Guarda Hockey Liña

 Comezamos esta temporada da Liga Galega de Hockey Liña enfrontándonos ó CHL Lóstregos da cidade de Lugo, un rival de maior entidade e experiencia que nós, xa que xogan na Liga Ouro Nacional.   

 A diferenza de nivel era algo obvio e íamos a este partido desexando aprender e sacalo máximo proveito posible. Xogábamos co hándicap engadido de haber quedado sen porteira, xa que a porteira habitual deixou o equipo por motivos personais. Esta circunstancia non nos botou atrás, e unha das xogadoras sen experiencia na portería enfundouse as proteccións de porteiro e con toda a valentía do mundo púxose baixo a portería do pavillón Daniel Cordido de Lugo.

 Foi un partido intenso no que pelexamos dende o primeiro o derradeiro minuto, e no que a pesares de ir por detrás no marcador durante todo o tempo de xogo non perdemos endexamais as gañas de loitar e competir.

 Perdemos por dez a cero, pero coma xogadora e capitana de A Guarda Hockey Liña podo decir en letras maiúsculas que estou moi orgullosa de todas e cada unha das xogadoras que forman este grupo. Seguiremos a competir lonxe da Guarda, sen perder nunca ás gañas de aprender e mellorar".

Ningún comentario:

Publicar un comentario