18 de xan. de 2016

A GUARDA

Unha peregrinación de 195 portugueses pasan polo termo municipal de A Guarda facendo o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal  

Os peregrinos foron recibidos polo alcalde guardés, Antonio Lomba baz, e desfrutaron dunha parada gozando das vistas que presenta o porto da vila  

O alcalde Antonio Lomba Baz - en primeiro termo, segundo pola esquerda - saúdando o numeroso grupo de peregrinos procedentes da cidade de Porto e arredores.
Fotos: C.A.G.

 Infogauda / A Guarda

  Ainda que desde algunha institución non se lle está dando á difusión que merece, en pé de igoaldade con outras rutas xacobeas, o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal, que procedente de Portugal, cruza o río Miño e continúa por Camposancos, A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán e Vigo, para chegar a Redondela, onde conflúe co denominado Camiño Portugués, para continuar en dirección a cidade de Santiago de Compostela; á realidade e que o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal, está sendo unha ruta revelación. Decimos isto, porque desde seu recoñecemento oficial por parte do Goberno de Galicia, son moitos os peregrinos que adoitan facer esa ruta, tanto en dirección á Compostela, como desde esa cidade en dirección a A Guarda.

 Do éxito do Camiño Portugués pola Costa ou Monacal, é unha óptima testemuña o feito de que o sábado, día 16 de xaneiro, chegase ata o municipio de A Guarda unha peregrinación de 195 portugueses, procedentes da cidade de Porto e arredores. Seguindo o Camiño Portugués pola Costa ou monacal, eses peregrinos, na súa ruta xacobea por etapas ata Santiago de Compostela, fixeron o traxecto desde A Pasaxe (Camposancos) ata Oia. 

Os peregrinos, na Praza da IIª República, atendendo ás espricacions que lles da o alcalde de A Guarda

 Desde Caminha, os case douscentos camiñantes colleron o ferry  "Santa Rita de Câssia", que une a vila portuguesa con Camposancos (A Guarda). Na Praza da IIª República (A Pasaxe) os esperaba o alcalde guardés, Antonio Lomba Baz, quen lles deu a benvida e non dubidou en desexarlles un bo camiño.  

 Os peregrinos percorreron a ribeira do Miño ata a desembocadura e a continuación á Senda Litoral ata chegar ao porto de A Guarda, onde gozaron dunha parada de reagrupamento gozando das vistas que presenta, para despois continuar coa súa andanza. Dende este punto seguiron a súa viaxe ata Oia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario