O PP provincial solicita que a Consellería do Mar consensúe a Lei de Acuicultura e abra un período de consultas cos distintos axentes do sector do mar
Ángel Moldes Martínez, deputado provincial do Grupo Provincial do Partido Popular
Infogauda / Pontevedra
O Grupo Provincial do Partido Popular ven de presentar unha moción na Deputación para o seu debate no próximo pleno no que solicita que a Consellería do Mar consensúe a tramitación da Lei de Acuicultura de Galicia e que abra un período de consultas cos distintos axentes do sector, para garantir que o texto definitivo da Lei recolla o máis fielmente posible as aspiracións da xente do mar de Galicia.
O deputado provincial, Ángel Moldes Martínez, considera que “esta Lei, pioneira deste ámbito en Europa, asegura o futuro da industria acuícola, articulando o aproveitamento sostible e eficiente dos recursos mariños, reforzando as competencias da Consellería do Mar no marco dunha xestión eficaz do sector e sentando as bases para que esta industria poida acadar todo o seu potencial”.
Nesta liña, o voceiro popular di entender a importancia da industria acuícola, do emprego e a riqueza que xenera e as súas potencialidades para o futuro así como a necesidade dunha regulación que permita aproveitalas, pero “no PP constatamos ademais a fonda preocupación que existe entre as xentes do mar da nosa provincia, polo que consideramos que sería de proveito consensuar o texto e iniciar unha fase de consultas con todos os axentes do sector, a fin de mitigar as inquedanzas dos interesados e achegar posturas para acadar unha lei de Acuicultura e un posterior desenvolvemento regulamentario dialogado e consensuado co sector”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario