A Policía Autonómica levou a cabo no que vai de ano 615 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores
As inspeccións derivaron en 19 denuncias por infraccións á Lei 11/2010 de prevención de bebidas alcohólicas en menores de idade
Foron realizados inspeccións a establecementos nas catro provincias galegas
Infogauda / Santiago de Compostela
O Grupo de Menores da Policía Autonómica levou a cabo no que vai deste ano un total de 615 inspeccións da que se derivaron un total de 19 denuncias por infraccións á Lei 11/2010 de prevención de bebidas alcohólicas en menores de idade.
Co motivo da entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, por parte da Policia Autonómica, estanse a levar a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.
Do total de denuncias tramitadas, 11 foron á establecementos, pola venda e subministro de alcol á menores de idade, permitir a entrada ou estancia de menores no seu interior, nos casos en que non está permitida e nas promocións e “happy hours” ou nas ofertas ou promoción á baixos prezos das bebidas alcohólicas que incitan a un consumo abusivo.
Tamén ás infraccións en tema de carteleira, sobre á sinalización da prohibición de subministro de alcol á menores. Do total das denuncias tramitadas, 8 foron á menores de idade por consumo de alcol no interior de establecementos ou na vía pública. Todas as denuncias efectuadas foron tramitadas ante a Consellería de Sanidade para continuar co expediente sancionador
Dispositivos nas catro provincias
Os concellos nos que se levaron a cabo os dispositivos foron A Coruña, Ames, Caldas de Reis, Camariñas, Cambre, Dodro, Láncara, Lugo, Monforte de Lemos, Muxía, Oleiros, Oroso, Ourense, Poio, Pontevedra, Rábade, Redondela, Rianxo, Ribadeo, Ribeira, Santiago de Compostela, Vigo, Vilalba, Vimianzo e Zas
Ningún comentario:
Publicar un comentario