14 de dec. de 2016

O ROSAL

OS CONCELLEIROS DO BNG DO ROSAL CONSEGUIRON QUE SE APROBASEN POR UNANIMIDADE TRES PROPOSTAS 

Que presentaron no pasado pleno do 3 de decembro   

Ánxela Fernández, portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello do Rosal


Infogauda / O Rosal

 Os concelleiros do BNG do Rosal conseguiron que se aprobasen por unanimidade as tres propostas que presentaron no pasado pleno do 3 de decembro. Nas mesmas solicitaron a posta en marcha de medidas para paliar a situación de pobreza enerxética e a creación dunha tarifa eléctrica galega; demandaron o apoio da Corporación Municipal á proposta da transferencia á Comunidade Galega da AP-9 e defenderon o desenvolvemento do Estatuto de Vítima de Feminicidio.   

 Dende o BNG do Rosal consideran que "se trata de tres iniciativas para as que é importante a toma de conciencia das corporacións municipais, pois os concellos son as administracións que coñecen de primeira man a realidade social, tendo a importante labor de facer chegar as necesidades e as propostas dos cidadáns aos organismos que deben implementar medidas  para solucionar os problemas". 

 A portavoz do Grupo Municipal do BNG, Ánxela Fernández, resaltou "a importancia que para a economía galega tería a transferencia á Comunidade da AP-9, a principal vía de comunicación de Galiza pola que, a pesares de estar máis que amortizada, os usuarios seguen pagando uns prezos abusivos".

Ningún comentario:

Publicar un comentario