14 de dec. de 2016

O ROSAL

FESTIVAL DE NADAL DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

Domingo día 18 de decembro, ás 19:00 h., no Auditorio Municipal do Rosal

Tamén haberá Audicions de alumnos da Escola de Música, o xoves día 22 e o venres día 23 de decembro, ás 20:30 h. 



Cartel anunciador, debuxo de Sabela Alonso Álvarez, que recibiu o primeiro premio do II Concurso de Carteis de Nadal

Infogauda / O Rosal


 Con motivo do fin de trimestre e das festas do Nadal a Agrupación Musical do Rosal organiza os seguintes actos que terán lugar no Auditorio Municipal do Rosal:  

- Domingo 18 decembro, 19:00 h.: Festival de Nadal no cal participarán o Coro Infantil e de Voces, Coral, Banda Infantil, Minibanda e nenas/os de Iniciación Musical da Escola de Música, que nos ofrecerán un concerto moi entretido para o público. 

 Durante o transcurso do acto realizarase a entrega dos premios do II Concurso de Carteis de Nadal. 

 Na entrada principal do auditorio estarán expostos os debuxos gañadores e finalistas do concurso. O concurso foi organizado pola asociación dentro da Escola de Música.  

AUDICIONS DE ALUMNOS DA ESCOLA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

- Xoves 22 decembro, 20:30 h.: Audición de alumnos da Escola.  

- Venres 23 decembro, 20:30 h.: Audición de alumnos da Escola.    

Ningún comentario: