14 de dec. de 2016

CULTURA

SONIA GARCÍA PRESENTOU NA ALDEA DE FROXÁN "O LIBRO DO COUREL"

O acto tivo lugar na Festa da Pisa da Castaña, 2016



Sonia Mª García García, autora da publicación "O LIBRO DO COUREL", co fotógrafo Santiago Baz Lomba
Foto: Carlos Fernando López  Mouriz

Infogauda / Redacción

 A profesora de Secundaria e Bacharelato, escritora e blogueira, Sonia María García García, gran coñecedora da paisaxe e da paisanaxe courelá, ven de presentar "O Libro do Courel", da Editorial Belagua. E fíxoo no decurso da Festa da Pisa da Castaña, que tivo lugar o pasado día 10 de decembro, na aldea de Froxán.

 "O Libro do Courel" é o froito maduro de unha muller que ama a Serra do Courel, que ten compartido moitos intres da súa existencia neses lugares que nos retrotraen cáseque a tempos prerrománs, cando á cultura do noso país, aínda se atopaba sen á influenza do Imperio invasor.

 Con esa grata publicación, a autora amósanos uns espazos que poderíamos definir como de película, cambiantes segundo á estación na que nos atopemos, pero en todo caso, sempre auténticas, sen artificios, nin adulteracions. É decir, totalmente naturais. Con todo o que esa definición conleva.

 Son lugares para reencontrarnos con nós mesmos. Para viver sen presa e coas pausas que nos queiramos. No Courel, o ritmo vital é como unha verdadeira sinfonía de sensacions que nos fan moito ben, tanto física como espiritualmente.

 A autora dínos que "O Courel é un mundo maravillos por descobrer e por iso convídovos a que o fagades".


Exemplares da obra "O Libro do Courel"
Foto: Santiago Baz Lomba

 Sonia García: "As pronunciadas ladeiras e os estreitos vales da Serra do Courel non llo puxeron fácil aos seus habitantes. No medio dunha paisaxe embriagadora, entre soutos e pradarías, ríos e fervenzas, as súas numerosas e pequenas vilas, moitas prácticamente despoboadas, gardan a  esencia do que foi a vida courelá dende tempos remotos. 

 Este libro é unha viaxe ao Courel, ao de antano e ao de agora, para gozar, ademáis da súa natureza privilexiada, dos rescaldos da vida tradicional e das súas manifestación culturais que, malia a emigración e o envellecemento da poboación, ainda se conservan. A Cultura Castrexa, a pegada romana, a arquitectura popular e relixiosa, as actividades económicas, tradicionais e actuais, entre outros  aspectos, son o seu fío condutor (...)".


GALERÍA DE IMAXES, DA AUTORÍA DE SANTIAGO BAZ LOMBA

FE DE ERRATA: Ainda que inicialmente puxemos a Rosi González Rivero como autora da fotografía na que figuran Sonia Mª García García e Santiago Baz Lomba, o certo é que o autor desa foto é Carlos Fernando Lopez Mouriz. Queda dito. Pregamos mil disculpas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario