17 de dec. de 2016

GALICIA

López Abella destaca o traballo das redeiras galegas como patrimonio cultural da Galicia mariñeira 

A secretaria xeral da Igualdade asistiu hoxe á Asemblea Anual da Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao”

López Abella, acompañada da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez. resaltou que estas mulleres son pioneiras en Galicia da incorporación da muller ao mundo laboral


Infogauda / Galicia

 A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou hoxe o gran traballo que levan a cabo as redeiras galegas coma parte do patrimonio cultural da Galicia mariñeira.
 López Abella, acompañada da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, asistiu hoxe á Asemblea Anual da Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao”, onde resaltou que estas mulleres son pioneiras en Galicia da incorporación da muller ao mundo laboral.
 A secretaria xeral felicitou a Federación pola Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo, concedida no mes de abril polo Goberno, polo esforzo que realiza o colectivo para lograr o recoñecemento da igualdade de dereitos nun labor, a de quen fabrica e pon a punto as redes de pesca, xunto á achega que fan ao patrimonio cultural de Galicia.

A Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao” é a entidade de referencia en Galicia na representación dos intereses deste colectivo en Galicia

 O traballo das redeiras en Galicia está marcado por ser unha profesión de gran tradición na que prima a artesanía e o xénero feminino, traballando pola defensa dos intereses das redeiras profesionais de Galicia, na procura de divulgar o traballo artesanal que realizan, combater o intrusismo, fomentar a prevención de riscos laborais, formar e informar ás asociadas, ademais de realizar actividades de diversificación económica.
 A Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao” é a entidade de referencia en Galicia na representación dos intereses deste colectivo en Galicia, agrupadas na Federación a través de sete asociacións profesionais de redeiras: a Asociación de Redeiras de Cariño, de Cedeira, “O Fieital" de Malpica, Illa da Estrela de Corme, "Maruxía" de Cambados, "O Cerco" de Cangas e "Atalaia" de Baixo Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario