17 de dec. de 2016

EL BIERZO (LEÓN).

LAS MÉDULAS: TERRA DE GALAICOS OUTRORA EXPLOTADA POLOS ROMANOS

Constitúe unha fantástica paisaxe que noutrora foran unhas imponentes explotacións auríferas romanas, que hoxendía contan coa declaración de Patrimonio Mundial pola UNESCO


Panorámica de Las Médulas
Fotografías: Santiago Baz Lomba


Ricardo Rodríguez Vicente / El Bierzo


 A primeira vez que vin unha imaxe fotográfica dese enclave sentín no meu interior unha chamada a coñece-lo de preto, pois súa visión produciu en mín un gratísimo impacto. E así foi, sen ningún tipo de demora, como preparamos unha ruta familiar para visitar ese lugar. Estou referíndome a paraxe coñecida como Las Médulas. 

 Ese encrave, situado no Bierzo, ao noroeste dos Montes Aquilanos e xunto ao val do río Sil, constitúe unha fantástica paisaxe que noutrora foran unhas imponentes explotacións auríferas romanas, que hoxendía contan coa declaración de Patrimonio Mundial pola UNESCO.  

 A súa estampa avermellada simula unha paisaxe sinuosa e de misterio. Ninguén diría que os picudos farallons agochan, baixo as súas entrañas, o ouro que procuraban os romanos, que coa súa intelixencia axiña superon onde se atopaba o preciado metal, que era extraído por mán de obra autóctona da Gallecia, sometida polo Imperio.

 Desde fai séculos, a milenaria explotación mineira de Las Médulas pasou a converterse nunha bela paisaxe de gran atractivo turístico, que se completa coa infraestrutura museística dunha aula arqueolóxica. Nela descrébese, pormenorizadamente, a época na que mantivo a súa actividade a maior explotación aurífera ao descuberto de todo o Imperio Romano.  De xeito moi didáctico se informa os visitantes sobor do curioso e complicado sistema de explotación que segundo o xeógrafo e naturalista romano, Plino o Vello, chamábase "ruína montium".


   Hai que ir ata Las Médulas sen presas, para camiñar por Carucedo, a galería de Orellán, Yeres,..., e polos sendeiros deses lugares, e disfroitar dunha paraxe de extraordinaria beleza, onde ademais da pegada humana e da lembranza tecnolóxica da época da dominación romana, o verdadeiro tesouro, configurada maioritariamente por castiñeiros centenarios, e á propia paisaxe, coa que debemos ser o máis respectuosos posible, porque é patrimonio de todos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario