13 de dec. de 2016

FROXÁN (O COUREL)

A PISA DA CASTAÑA, 2016


A Pisa da Castaña: unha tradición courelá ancestral 
Fotografías: Santiago Baz Lomba

Infogauda / O Courel


 As nobres xentes e amigos do Courel, voltaron a compartir o sábado día 10 de decembro, na aldea de Froxán, lugar de interese etnográfico - por Resolución do 25 de abril de 2006, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura e Deporte - que pertence a parroquia de San Vicente de Vilamor, no concello de Folgoso do Courel, unha das tradicions máis ancestrais: A Pisa da Castaña.

 O evento, organizado pola activa Asociación Fonte do Milagre, comezou arredor das 11:30 h., co acendido do sequeiro de castañas e mostra do seu funcionamento.

"Xan de Vilar", un verdadeiro mestre na labor de "abandoxar" no "bandoxo" con fin de sacarlles á "puxa" (cáscara) das castañas.

 Logo, sobre ás 12:30 h., tería lugar a demostración de Pisado e Abandoxado de xeito tradicional.

 O pregón, daría comezo o fío das 13:15 h., á cárrego de Celso San Martín, xa que por motivos familiares non puido participar á actriz galega Susana Dans.

Celso San Martín, pronunciando o pregón deste ano

 Logo do pregón, a iso das 13:45 h., foron presentados os libros O Apalpador e o Arco da Vella, de Xan G., e O Libro do Courel, de Sonia García, editado pola Editorial Belagua.

 Ás 14:30 h., daría comezo un Xantar do Pisador. Comida a base de castaña seca cocida, productos do porco e doces de castaña.

 Ademáis, houbo carpas onde se degustou polbo á feira e churrasco.

 Despois do xantar, tería lugar unha nova demostración do pisado e abandoxado, na que participou o público.

 O longo desa fermosa xornada de reencontro con unha das máis importantes tradicións courelás, houbo actuacions de música tradicional, así como postos de venda de artigos de artesanía galega, pan, docería tradicional, mel, queixos, embutidos, licores, sobremesas,...

 A Festa da Pisa da Castaña remataría máis aló das 20:00 h., con unha gran foliada libre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario