26 de out. de 2016

EMPREGO

ECONOMÍA DESTINA CASE 25.000 EUROS PARA A CONTRATACIÓN DE 4 DESEMPREGADOS EN 2 CONCELLOS RURAIS DO BAIXO MIÑO    

Estas axudas forman parte do programa Aprol Rural que ten como obxectivo a contratación a tempo completo de persoas sen emprego para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social 

A través desta iniciativa, a Xunta pretende fomentar o emprego en concellos rurais de menos de 10.000 habitantes, véndose beneficiados nesta comarca os municipios de Oia e O Rosal  



Infogauda / Pontevedra

 A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina case 25.000 euros á contratación de 4 desempregados en 2 concellos rurais do Baixo Miño a través do programa Aprol Rural, o que permitirá a contratación a tempo completo de persoas sen emprego para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social.  

 Esta iniciativa beneficiará no Baixo Miño aos concellos de Oia e O Rosal. Estas axudas van dirixidas, en concreto, a entidades locais emprazadas no medio rural, cuxa poboación sexa igual ou inferior aos 10.000 habitantes, para a contratación a tempo completo de persoas sen emprego de cara a realización de obras ou servizos de interese xeral e social.  

 Na provincia de Pontevedra beneficiaranse un total de 25 concellos, cunha aportación autonómica de 541.789,2 euros. A contía da subvención que percibirán as entidades locais será, a efectos salariais, a equivalente ao 80% dos custos salariais totais. Os concellos terán ata o 10 de novembro de prazo para contratar a estes traballadores, tendo en conta que a lo menos a metade dos mesmos terán que ser mulleres e persoas menores de 30 anos, de cara a incentivar o emprego entre os colectivos máis desfavorecidos.   As obras ou servizos que se desenvolverán mediante a actividade das persoas traballadoras desempregadas deberán ser de interese xeral e social, competencia das entidades locais.  

 O obxectivo final da Consellería de Economía, Emprego e Industria coa posta en marcha deste programa é fomentar o emprego en colaboración coas entidades locais no medio rural, a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas, de cara a proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario