11 de xuño de 2016

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DENUNCIA O ABANDONO MUNICIPAL NA PRAZA DE LAXE GRANDE

Josué Álvarez Alonso, Responsable Local de Converxencia Galega 


Infogauda / A Guarda

 En nome propio e tamén do grupo político do que é responsable local, Josué Álvarez Alonso, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, acompañadas de dúas fotografías do lugar público o que se refire, á seguinte comunicación:


¿Reciclaxe ou abandono? 

 Estamos en tempo difíciles. Dando un paseo pola Guarda, xustamente no parque de Laxe Grande, atopámonos unha nova maquinaria. 

 Non temos moi claro a utilización desta maquinaria, o que si sabemos que era a utilidade que se lle daba antes, que era un xogo para rapaces a modo de diversión e entretenemento, o que agora nos parece un perigo. 

 Por un momento creín que se estaba facendo reciclaxe e o que era antes un tobogán podría ser unha máquina para facer exercicio para pectorais, pero non era o caso porque non vín lóxico as escaleiras que tiña detrás.



 As imaxes falan por si soias e atopámonos con que non se fai mantenemento e queremos que se poida adoitar unha medida para que os nenos/as da nosa vila podan seguir disfrutando dese parque. 

 En representación de Converxencia Galega da Guarda. 

 A Guarda a 10/06/2016 

Josué Álvarez   
Responsable Local de Converxencia Galega 


Sr Alcalde – Presidente 
Concello da Guarda 

Ningún comentario:

Publicar un comentario