19 de xuño de 2016

A GUARDA

TODO A PUNTO PARA A Iª ROMARÍA CASTREXA NO MONTE SANTA TREGA

Celebrarase o venres día 24 de xuño, no antigo Campo de Chans 



Infogauda / A Guarda

 Promovida polas Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común das tres parroquias (A Guarda, Camposancos e Salcidos) do municipio guardés, o venres día 24 de xuño, no antigo Campo de Chans, terá lugar a Iª Romaría Castrexa no Monte Santa Trega.

 O evento festivo comezará ás 10:00 h., coa 1ª Ruta Cabalar, que terá súa saída nas inmediacions da praia de As Eiras (O Rosal), con percorrido pola ribeira do río Miño, e parada no Camping Santa Tecla (Salcidos), seguendo ata a Praia do Forte (Camposancos), e desde alí en dirección o cumio do Monte Santa Trega, para descer a continuación a zoa de Chans (Camposancos), onde terá lugar a Iª Romaría Castrexa.

 Ás 11:00 h., será a apertura dos postos de artigos de artesanía, productos do agro, etc..

 Os grupos do gaitas Do Lusco ó Fusco, Club da 3ª Idade da Guarda e A Boalleira, xunto coa charanga Os Zanfonos, serán os encarregados de amenizar a xornada festiva.

 Arredor das 12:30 h., a escritora Marga Rosende pronunciará o pregón da Iª Romaría Castrexa do Monte Santa Trega.

 Deseguido, xantar ao aire libre ou dentro da carpa que instalará á organización do evento.

 Durante todo o día haberá polbo á feira, carne o caldeiro, churrasco, e tamén xamón, cortado polo mestre xamoneiro Francisco, todo elo amenizado polos devanditos grupos.

 Ás 17:00 h. cucañas para os nenos, no recinto do antigo campo de Chans.

 A tardiña, os grupos de gaitas e a charanga baixarán hacia o pobo, pondo así remate a Iª Romaría Castrexa. 

 Haberá aparcadoiro de balde no campo novo de Chans.

 Os organizadores convidan a participar a tódolos veciños que queiran disfroitar desa xornada festiva no privilexiado entorno do Monte Santa Trega, un dos enclaves máis visitados de Europa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario