ABERTO O PRAZO PARA ANOTARSE NO CURSO DE GRAFFITI DA GUARDA DENTRO DO PROGRAMA “DEPO RÚARTE”
O curso realizarase entre o 18 e o 29 de xullo en horario de mañá
Infogauda / A Guarda
Desde este luns día 20 de xuño, iniciouse o prazo para anotarse ó curso de graffiti que se desenvolverá na Guarda durante o mes de xullo como parte do programa “Depo RúARTE”, organizado dende a Deputación de Pontevedra.
Todos os que desexen inscribirse nesta actividade terán como prazo de inscrición dende hoxe ata o 12 de xullo, e poderán facelo na oficina da OMIX do Concello da Guarda. O curso realizarase entre o 18 e o 29 de xullo en horario de mañá.
Para inscribirse terán que achegar un formulario de solicitude, que poden recoller na propia oficina da OMIX ou descargar na web da Deputación de Pontevedra; xunto cunha fotocopia do DNI e o empadroamento.
A iniciativa vai dirixida a xóvenes de 14 a 30 anos empadroados no Concello da Guarda.
O curso conta con prazas limitadas que se cubrirán na seguinte orde:
- Primeiro aqueles comprendidos entre os 14 e 30 empadroados na Guarda.
- Se quedan prazas libres, tamén poderán inscribirse persoas non empadroadas na vila que cumpran o requisito da idade.
- Por último poderán inscribirse os empadroados que non teñan entre 14 e 30 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario