O CONCELLO REALIZA OBRAS NA RÚA ALCALDE MANUEL ÁLVAREZ VICENTE
Conlevan a reposición da traída de augas e a ampliación das prazas de aparcadoiro
Desde fai uns días, operarios e maquinaria, traballan na rúa Alcalde Manuel Álvarez Vicente
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Desde esta semana estánse a realizar na céntrica rúa Alcalde Manuel Álvarez Vicente, obras de reposición da traída de auga. Desde o executivo municipal comunican que "o concello acomete estas obras de renovación da instalación pola gran cantidade de avarías que se producen nesta rúa debido a antigüidade da rede".
A actividade dos operarios das obras non impide o normal tráfego rodado de vehículos
Fontes municipais indicaron que "as obras realízanse nas dúas beirarrúas e consisten na substitución dos tubos de fibrocemento por polietileno, renovando tanto a canalización principal como as acometidas. A nova canalización realízase no espazo que vai dende as xardineiras ata a estrada, aproveitando para incorporar esta franxa das beirarrúas de aproximadamente un metro para anchear o vial. Isto permitirá, modificando o seu eixe, habilitar aparcamento en batería pola banda que da ao monte Santa Trega. Con esta actuación está previsto un aumento das prazas de aparcamento en 25, sen cambiar prácticamente as características da rúa. Queda para unha futura actuación a renovación das beirarrúas".
Se non aparecen inconvintes, ás obras rematarán na primeira semana do mes de xullo
Segundo o executivo municipal "está acordado coa empresa que durante as obras se produzan as mínimas molestias posibles, [ainda que] afectarán as prazas de aparcamento e haberá cortes de auga, debidamente anunciados, cando se produzan as novas conexións, pero en ningún caso se producirán cortes de tráfico".
Nos días pasados o alcalde, Antonio Lomba Baz, e o concelleiro de vías e obras, Miguel Ángel Español Otero, mantiveron unha reunión cos comerciantes e veciños afectados para informar dos pormenores das obras.
A empresa ten previsto, se non aparecen inconvintes, que finalicen na primeira semana do mes de xullo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario