A FEIRA DE SAN GREGORIO, EN PÍAS (O ROSAL): UN NOVO ÉXITO DE AFLUENCIA DE PÚBLICO
O polbo á feira, foi degustado ren Pías por pequenos e maiores
Foto: Santiago Baz Lomba
Infogauda / Pías
Os días 12 e 13 de marzo, foron de auténtica primavera, ainda que ata o vindeiro día 21 non comece oficialmente esa estación, e como cada ano, unha activa Comisión da Feira de San Gregorio, fixo posible que coa participación de todos, a Feira de San Gregorio fose, unha vez máis, un grato recramo para esa fin de semana.
Unha mostra de fotografías en b/n da autoría de Alberte Alonso Pereira, mesas singulares realizadas por Guillerme Vicente Machado, maquetas de Ramón González, exposición de encaixes de palillos e palillada, artesans de diversas especialidades (zamanqueiro, ceramista, artesanía en ferro, ...), antigüidades, plantas, productos tradicionais (viño do Rosal, licores artesanais, mirabeles,...), e tamén á presenza de varios voluntarios da Asociación Conrazones, que están desenvolvendo unha formidable labor social digna de todo eloxio. E como non podía ser doutro xeito, degustacións de polbo á feira, empanada, orella, chourizos, lamprea do Río Miño, venda de rosca de roxons e outras sobremesas,..., actuacións de humoristas, magos, grupos musicais,..., motivaron que moitas persoas de toda á comarca do Baixo Miño se achegase ata Pías, para compartir coas nobles xentes do lugar, esas dúas xornadas de lecer. A verdade, e que con todos eses atractivos e unha climatoloxía que daba gosto, podemos decir que o éxito foi total.
Ningún comentario:
Publicar un comentario