O CONCELLO DE A GUARDA DECRETOU UN DIA DE LOITO EN LEMBRANZA DOS CICLISTAS AFECTADOS POLO SINISTRO DO PASADO SÁBADO
O concello anuncia que se fará unha sinxela homenaxe as vítimas do accidente o próximo domingo día 20 co gallo da celebración da ruta BTT do Atlántico que se celebrará entre os concellos da Guarda, O Rosal e Oia
Infogauda / A Guarda
Na mañá deste luns día 14 de marzo, o Concello de A Guarda fixo público un comunicado convocando a unha concentración no día de hoxe, ás 12 horas, na Praza do Reló.
Tamén deu á coñecer á seguinte nota de prensa:
"O concello da Guarda quere expresar a súa conmoción polo grave accidente que se produciu na mañá do pasado sábado no que uns ciclistas afeccionados foron atropelados na estrada PO-552 a súa entrada na Vila, no lugar coñecido como recta das Loucenzas. O sinistro tivo como consecuencia varios feridos, algúns deles moi graves, e un falecido. Como mostra de condolencia decretouse este luns 14 de marzo como día de loito e convócase a tódolos veciños a concentrarse ás 12 da mañá na praza do Reló, diante do edificio do concello, para gardar un minuto de silencio.
Así mesmo o concello anuncia que se fará unha sinxela homenaxe as vítimas do accidente o próximo domingo día 20 co gallo da celebración da ruta BTT do Atlántico que se celebrará entre os concellos da Guarda, O Rosal e Oia".
Ningún comentario:
Publicar un comentario