PIRAGÜISMO
DÚAS MEDALLAS DE PRATA PARA OS TEIXUGOS NA 1ª COPA DE ESPAÑA DE SLÁLOM
Compoñentes do Club Deportivo Miño - Os Teixugos
Fotos: Rosa Fernández
Informa: Rosa Fernández Carrera
A pasada fin de semana, nos días 12 e 13 de marzo, celebrouse a primeira competición da Liga Española de slálom “Manuel Fonseca”, na localidade catalá da Seu D`Urgell. Os deportistas do Club Deportivo Miño levaban moitas expectativas, pero non se viron todas cumpridas, pois a competición foi dura ao longo dos dous días. Aínda así o club acadou dúas medallas de prata: Luis Fernández, en C1 na categoría sénior, e Brais Castro, tamén en canoa pero categoría júnior.
Brais Castro, no podio, coa súa medalla de prata
Manuel Ochoa rozou o podio cunha quinta praza en K1 júnior e, na mesma categoría, Brais Castro quedou sexto.
Luis Fernández, no podio, coa súa medalla de prata
Esta competición forma parte ademais das probas para o Selectivo Nacional, que continuarán a vindeira fin de semana na localidade francesa de Pau. Para este segundo selectivo clasificáronse Luis Fernández, Brais Castro e Manuel Ochoa.
O sábado e o domingo farán as súas baixadas intentando estar entre os mellores para formar parte da selección nacional Júnior e SUB-23.
Ningún comentario:
Publicar un comentario