Reggae Jamming na Casa Cultural de Oia
A Asociación Minho Reggae! organiza a próxima Reggae Jamming este venres día 26 de Febreiro, na Casa da Cultura de Oia.
Infogauda / Oia
Esta vez os convidados especiais serán “Colectivo de Reggae Elephans Yard”, un proxecto comunitario creado por Javier Vicalo, cofundador da banda galega Zamaramandi, e integrado principalmente por músicos e cantantes locais. Enfocado a composición, grabación e interpretación de ritmos reggae, presentaran algunhas das suas produccións e artistas.
A Jam será amenizada polo Selector Herri Selektah do Colectivo Vinyl Bullets Sound.
Un evento que forma parte da programacion da Asociación Cultural Minho Reggae.
Tras o éxito das pasadas edicións, temos unha nova oportunidade para ver sobre o mesmo escenario aos representantes máis destacables deste estilo no sur da provincia de Pontevedra e norte de Portugal, que reinterpretarán clásicos da música xamaicana pero tamén crearán novos sons grazas á improvisación. Todo aquel que o desexe poderá participar tan só ten que levar o seu instrumento.
Músicos de bandas como Zamaramandi, Transilvanians, Natural Green, Meninos Carentes, entre outros, reuniranse este Venres, a partir das 23:30 h., para ofrecernos unha sesión de música reggae de calidade e experimentación.
Unha oportunidade única para ver en directo a todos estes artistas, cunha ampla traxectoria musical, mesturando a súa creatividade para crear ritmos que nos levarán até a Xamaica da década dos setenta e oitenta. Roots, reggae, dub, pero tamén sons fusionados a través dos pais deste estilo como os The Wailers, Jimmy Cliff, John Holt, Bob Marley, Peter Tosh, que revivirán na Casa Cultural de Oia este Venres.
Un proxecto que a asociación viguesa Minho Reggae leva organizando nos últimos tempos. Conseguir unir a maior parte dos músicos, grupos, colectivos e amantes do reggae nun evento no que se reflectise que na escena galega tamén hai un oco para a música xamaicana. Dende hai seis anos a Asociación traballa pola difusión, promoción e apoio do reggae, non só no Sur da provincia de Pontevedra senón tamén en toda Galicia e Portugal, onde en setembro de 2015 organizaron a sexta edición do Minho Reggae Splash que congregou a un milleiro de persoas, chegadas das dúas marxes do Miño, para gozar de boa música e bo ambiente.
A Asociación céntranse no eido local para demostrar que o Baixo Minho e a súa contorna tamén ten moito que dicir no reggae con propostas interesantes, artistas e bandas que xa están levando a súa música a outras comunidades. Este Venres teremos a ocasión de velos todos xuntos na Casa Cultural de Oia (na parroquia de Santa Maria de Oia, ao carón do Mosteiro de Oia) a partir das 23:30 horas. Dende a organización do evento convidan a todos os músicos que o desexen a participar tan só teñen que levar o seu instrumento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario