24 de feb. de 2016

A GUARDA

En marzo abre o prazo para pedir a cita para a renovación do DNI nos meses de abril, maio e xuño na Guarda  

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda informa que o martes, día 1 de marzo, abre o prazo para que os veciños do municipio collan cita para a renovación do DNI nos meses de abril maio e xuño.  

 As citas poden pedirse tanto de forma presencial no Concello coma chamando ao número de teléfono 986 610 000.  

 Os días fixados para a renovación no mes de abril son o luns día 18 e o martes día 19, sendo o xoves día 21 a data para recollelo. 

 En maio serán o mércores día 18 e o día xoves 19, sendo o día 23 a data para recoller o documento. 

 Pola súa banda en xuño as citas son o mércores día 15 e o xoves día 16, e a data para recollelo é o luns día 20.  

 En cada mes se darán un total de 140 citas, 70 por cada día.

Ningún comentario:

Publicar un comentario